From Wikipedia, the free encyclopedia
Transliterar é a practica de transcribir unha palabra escrita nun sistema de escrita noutro sistema de escrita ou nun sistema axeitado para un uso determinado.
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Transliteración" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2011) |
Dende o punto de vista da lingüística, a transliteración é unha correspondencia entre un sistema de escrita e outro, palabra a palabra. A transliteración intenta ser exacta, tanto que un lector entendido poderá reconstruír o soletreo orixinal das palabras descoñecidas transliteradas. Para acadar este obxectivo, a transliteración pode definir convencións complexas que teñan en conta, por exemplo, que as letras do texto orixinario non se corresponden coas letras do texto final, pois no texto final non teñen o mesmo uso ou o mesmo son.
Transliterar non é o mesmo ca transcribir, pois a transcrición establece unha correspondencia entre os sons dunha lingua coa grafía que mellor os represente noutra. Por exemplo: Vituxe transcribiriámolo en inglés por veetoosheh
A maioría dos sistemas de transliteración fan corresponder as letras da escrita de orixe coas pronunciadas similarmente na de destino. Se as relacións entre letras e sons son semellantes nas dúas linguas, a transliteración pode ser case o mesmo cá transcrición.
Na práctica, hai tamén algúns sistemas mixtos que transliteran parte do orixinal e transcriben o resto. Unha forma de transliteración é o uso dun teclado dunha lingua que usa o alfabeto latino para escribir nunha lingua que emprega un alfabeto diferente, como por exemplo o ruso.
O texto transliterado úsase a miúdo en blogs e na correspondencia electrónica onde non están dispoñibles os teclados non latinos e que intenta representar a pronunciación das palabras da linguaxe orixinal mediante composicións especiais de caracteres latinos, e normalmente usando a fonética inglesa: Ruglish, Hebrish, Greeklish ou Arabish. A transliteración é un proceso totalmente práctico mentres que a transcrición intenta buscar a mellor maneira de xerar palabras estranxeiras nunha linguaxe particular.
Non se debe confundir a transliteración coa translación, a cal implica cambiar de linguaxe mentres se preserva o significado. A translación fai unha correspondencia entre dous alfabetos.
Nun senso máis amplo, a palabra transliteración úsase para incluír a transliteración no sentido máis exacto e a transcrición.
A Anglización é un método de transcrición. A Romanización comprende varios métodos de transliteración e transcrición.
No grego, as letras <η> <ι> <υ> e as combinacións <ει> <oι> <υι> pronúncianse i. Nunha transcrición polo tanto obtéñense todas elas como <i>. Aínda así unha transliteración aínda as distingue obtendo <ē> <i> <y> e <ei> <oi> <yi> xa que a pronuncia do grego antigo de <η> era [ɛː]. Esta proposta usa o carácter apropiado para unha transliteración ou transcrición <ē> do grego antigo, unha <e> cunha macron.) Por outra banda, <ευ> pronúnciase ás veces [ev] e ás veces [ef], dependendo do son que segue. Unha transcrición distíngueas, o cal non é un requisito para unha transliteración.
Palabra grega | Transliteración | Transcrición |
---|---|---|
Ελληνική Δημοκρατία | Ellēnikē Dēmokratia | Elliniki Dimokratia |
Ελευθερία | eleutheria | eleftheria |
Ευαγγέλιο | Euaggelio | Evanghelio |
των υιών | tōn uiōn | ton ion |
As transliteracións nun senso estrito úsanse en situacións onde se require unha gran precisión e non está dispoñible a escritura orixinal para escribir unha palabra nesa escritura. Por exemplo, composición tradicional ou barata cun pequeno conxunto de caracteres; edicións de textos antigos en escrituras que xa non se usan máis (como a Linear B); algúns catálogos.
Por exemplo, a lingua grega escríbese no alfabeto grego de 24 letras, que ten parte en común e parte non coa versión de 26 letras do alfabeto galego no que se escribe o Galego. A etimoloxía nos dicionarios identifica palabras gregas como a orixe de palabras usadas no galego. Consecuentemente, moitos deses dicionarios transliteran as palabras gregas no alfabeto galego.
A transliteración nun senso amplo é un proceso necesario cando se usan palabras ou conceptos expresados nunha linguaxe cunha escrita diferente da propia.
A idea da transliteración é complicada polo uso en diferentes linguaxes de diferentes nomes propios para a mesma persoa, sitio ou cousa. Así os nomes "Muhammad" e "Mohammed" e as súas variacións reflicten o mesmo nome, e en particular as formas con "o" corresponden a pronunciación moderna, mentres que as que teñen "u" se corresponden co árabe clásico.
A transliteración é tamén usada para unha encriptación simple.
Algunhas linguas e escrituras presentan dificultades particulares.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de transliteración |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.