botánico francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Pitton de Tournefort, nado en Aix-en-Provence o 5 de xuño de 1656 e finado en París 28 de decembro de 1708) foi un botánico francés, destacado como o primeiro en facer unha distinción clara de xénero para as plantas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1656 Aix-en-Provence, Francia |
Morte | 28 de decembro de 1708 (52 anos) París, Francia |
Educación | Facultade de Medicina de Montpellier Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, micólogo, catedrático, pteridólogo, médico |
Empregador | Collège de France (pt) , catedrático (1706–1708) |
Membro de | Academia francesa das ciencias (1691–) |
Profesores | Pierre Magnol (pt) e Guy-Crescent Fragon (en) |
Alumnos | Antoine de Jussieu (pt) , Michel Louis Reneaume e Sébastien Vaillant (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Abreviación dun autor en botánica | Tourn. |
Familia | |
Parentes | Scholastique Pitton |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Tournefort naceu e estudou no seu convento xesuíta. Nun principio intentara entrar na Igrexa, pero coa morte do seu pai puido optar polo seu interese na botánica. Despois de dous anos de colectas, estudou medicina en Montpellier, pero foi un destacado botánico do Jardin des Plantes en París desde 1683.
Durante eses anos viaxou por Europa, especialmente polos Pireneos, por Portugal e polo sur de España, onde recolectou intensivamente.
Entre 1700 e 1702 viaxa pola Grecia insular, visitando tamén Istambul, os bordos do Mar Negro, Armenia e Xeorxia, recolectando plantas e efectuando outros tipos de observacións. Nesta viaxe acompañouno o botánico alemán Andreas Gundesheimer (1668-1715) e o artista Claude Aubriet (1651-1743).
Mantivo contactos e intercambios con numerosos botánicos da época, entre eles co Padre Sarmiento, co que mantivo unha relación epistolar abundante.[1]
A súa obra principal, de 1694, é Eléments de botanique, ou Méthode pour reconnaître les Plantes (a tradución latina como Institutiones rei herbariae publicose en 1700 e en 1719).
A abreviatura Tourn. emprégase para indicar a Joseph Pitton de Tournefort como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. (Ver listaxe de especies descritas por este autor en IPNI) Como botánico prelinneano rara vez se emprgea, ou ás veces cítase coua "T". Argemone Tourn. ex L. pódese citar como Argemone L.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.