Tolosa, Francia

vila e comuna francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Tolosa, Franciamap

Tolosa[1][2] (en francés: Toulouse, [tu.luz] (AFI), Fr-Toulouse.ogg escoitar; en occitano: Tolosa, [tu'luːzɔ] (AFI)), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha comuna francesa capital do departamento de Alta Garona, da rexión do Mediodía-Pireneos, capital histórica do Languedoc, e considerada por unha corrente como a capital da Occitania. É chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que aquí radican os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Tolosa, Francia
Tolosa (oc)
Toulouse (fr)
Thumb

Localización
Thumb
Thumb Thumb
 43°36′16″N 1°26′38″L
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoAlta Garona
Capital de
Alta Garona
Arrondissement de Toulouse (pt)
canton of Toulouse-12 (en)
canton of Toulouse-15 (en)
canton of Toulouse-13 (en)
Languedoc
canton of Toulouse-14 (en)
Condado de Tolosa
Reino Visigodo (418–725)
Reino visigodo de Tolosa (418–507)
Mediodía-Pireneos (1972–2015)
Q88077722 (–2015)
Q88077720 (–2015)
Q88077716 (–2015)
Q88077735 (–2015)
Q88077718 (–2015)
Q88077726 (–2015)
Q88077739 (–2015)
Q88077732 (–2015)
Q88077733 (–2015)
Q88077728 (–2015)
Q88077737 (–2015)
canton of Toulouse-9 (en) (2015–)
canton of Toulouse-8 (en) (2015–)
canton of Toulouse-7 (en) (2015–)
canton of Toulouse-10 (en) (2015–)
canton of Toulouse-3 (en) (2015–)
canton of Toulouse-11 (en) (2015–)
canton of Toulouse-1 (en) (2015–)
canton of Toulouse-6 (en) (2015–)
canton of Toulouse-5 (en) (2015–)
canton of Toulouse-2 (en) (2015–)
canton of Toulouse-4 (en) (2015–)
Occitania (2016–)
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación511.684 (2022) (4.325,31 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921871
Q3551171
Superficie118,3 km²
Bañado porRío Garona
Altitude156 m-115 m-263 m
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
22 de setembro de 1217Siege of Toulouse (en)
17 de xuño de 1219Siege of Toulouse (en)
Organización política
 Alcalde Jean-Luc Moudenc (2014–)
Identificador descritivo
Código postal31000, 31100, 31200, 31300, 31400 e 31500
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Ramala (2010–)

Sitio webmetropole.toulouse.fr
Pechar

Superficie e poboación

Ten unha superficie de 118,3 km2 e unha poboación en 2010 de 441.802 habitantes (chamados tolosanos), que a converten na cuarta máis poboada de Francia logo de París, Marsella e Lión. A aglomeración ou unidade urbana (formada por 73 comunas), con 871.961 habitantes en 2010, é a sexta máis poboada de Francia, por detrás das tres anteriores, Lille e Niza, e por diante de Bordeos. Finalmente, a área metropolitana tiña 1.218.166 habitantes ese mesmo ano de 2010, sendo a terceira máis populosa de Francia logo das mesmas tres que a preceden como comuna. Dentro da Unión Europea é a 41º aglomeración urbana.

Situación xeográfica

A cidade atópase entre os vales fluviais do Alto Garona e do río Ariege. Tolosa comunica o mar Mediterráneo co interior de Francia e co Atlántico, grazas ó canle do Midi. Así, xa no século XVII, o transporte de mercadorías entre Tolosa e Bordeos era habitual por medio de embarcacións de vapor. Mais a chegada do tren a mediados do século XIX rematou con esta actividade.

Thumb
S. Sernin de Tolosa

Historia

Orixe

A historia da cidade remóntase a un poboado ibérico existente a uns quilómetros da actual localización da cidade. Este poboado foi ocupado polos celtas no século IV a.c. e posteriormente polos romanos no 120 a.c. Os romanos converteron a vila nun importante centro comercial e cultural dependente da Gallia Narbonensis[3]. Sendo no século III d.c. a terceira cidade en importante da Galia[3]. Posteriormente foi ocupado por visigodos e logo polos francos. Os árabes estiveron a piques de entrar na cidade mais foron repelidos no ano 721 por Eudes de Aquitánia[3].

Idade Media

Despois de Carlomagno, os condes que gobernaban a cidade distanciáronse da corte real. E dos séculos IX ó XII, a cidade acadou a súa época de maior esplendor, coincidindo coa expansión da poesía trobadoresca[3]. Daquela a cidade era administrada polos condes tolosanos conxuntamente cos concellos civís, formados estes por burgueses e comerciantes. Durante o século XIII a cidade sufriu diversos ataques e sitios, ben durante a cruzada albixense, ben na cruzada contra o catarismo[3]. Cidade cunha importante mestura relixiosa, foi centro de conflitos e tensións entre as autoridades da cidade e os papas de Roma[3]. Finalmente o 12 de abril do 1229, o último conde de Tolosa, Raimón VII, xurou o Tratado de Meaux polo cal o condado pasaria a ser controlado pola coroa francesa. Sendo a figura do conde puramente representativa. Posteriormente a filla de Raimón VII, dona Xoana, morre sen deixar descendencia masculina, confirmándose a desaparición definitiva do condado[3].

Nos séculos posteriores, a cidade alternou épocas de relativo esplendor con outras de depresión económica e demográfica. No século XV desenrolouse o comercio do pastel ou tintura azul, de grande importancia na industria téxtil[3]. Grazas a recuperación económica, a cidade foi designada coma sede do parlamento rexional dos estados do Languedoc. Mais á chegada a Europa no 1560 do índigo, tintura que proviña das Indias e o estalido das guerras de relixión volveran a afundir a cidade[3].

Idade Moderna

Os séculos XIX e XX foron anos de expansión. Primeiro a chegada do ferrocarril e de poboación rural excedentaria provocaron o impulso económico da cidade. Mais foi no século XX, coas guerras mundiais, cando Tolosa acada o seu status actual. Por unha banda durante a primeira guerra mundial, debido á lonxanía da cidade da fronte de guerra, o goberno francés instala diversas fábricas de armamento, algunhas delas de avións[3]. No período de entreguerras a importancia da industria aeronáutica consolídase, quedando para a historia nomes e fitos salientábeis, tales coma os pilotos Didier Daurat, Latévère ou Mermoz[3]; ou o primeiro voo no 1918 entre Tolosa e Barcelona ou no 1919 o primeiro voo entre a cidade e Marrocos, con Antoine de Saint-Exupéry, coma piloto[3].

Trala segunda guerra mundial, a cidade aproveitouse da súa tradición aeronáutica para a implantación de novas industrias asociadas, espaciais e tamén químicas[3].

Educación

Símbolos

Un dos símbolos da cidade é a violeta. Esta flor chegou a Tolosa no século XIX, procedente de Parma, por medio dos soldados que retornaban das guerras napoleónicas. Axiña acadou gran sona entre floristas e reposteiros. Dende entón, esta flor fíxose simbólica, dando lugar a un floreciente comercio. A flor é cultivada sobre todo ó norte da cidade, entre maio e xuño. Sendo recolectada entre outubro e marzo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.