From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha tormenta de po é un fenómeno meteorolóxico común no deserto do Sáhara da África setentrional, nas Grandes Chairas de Norteamérica, en Arabia, no deserto do Gobi de Mongolia, no deserto Taklamakán do noroeste da China e noutras rexións áridas e semiáridas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
As tormentas de po severas poden reducir a visibilidade a cero, imposibilitando a realización de viaxes, e levar voando a capa superior do chan, depositándoa noutros lugares. A seca e, por suposto, o vento contribúen á aparición de tormentas de po, que empobrecen a agricultura e a gandaría. O po recolleito nas tormentas pode trasladarse miles de quilómetros: as tormentas de area do Sáhara inflúen no crecemento do plancto no oeste do océano Atlántico e, segundo algúns científicos, son unha fonte importante de minerais escasos para as plantas da pluvisilva amazónica. As tormentas de po poden observarse a miúdo en fotografías tomadas dende satélites. Cando o po en suspensión é arrastrado por fortes correntes de aire cara a outros lugares e chove, dise que chove lama, porque todo énchese de pinguiñas de lama que se secan, e rematan emporcando todo.
Coñécense tormentas de po a grande escala no planeta Marte. As tormentas neste planeta duran máis e cobren áreas maiores cá na Terra: algunhas destas tormentas cobren o planeta completamente durante centos de días alterando o equilibrio térmico do planeta e producindo arrefriados intensos da superficie.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tormenta de po |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.