From Wikipedia, the free encyclopedia
Tione (ou en grego Θυώνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXIX, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 J 2.[1][2] Recibiu o nome de Tione en agosto do 2003, máis coñecida coma Semele na mitoloxía grega, era unha das consquistas de Zeus.[3]
Tione ten un diámetro duns 4 kms e órbita Xúpiter a unha distancia media duns 21,406 Gm en 639,803 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (147° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2526.
Tione pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares que orbitan Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm e cunhas inclinacións de preto de 150°; pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.