futbolista australiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid, coñecido como Tim Caroutas, nado en Illawarra, Nova Gales do Sur, Australia, o 2 de xaneiro de 2003, é un futbolista australiano que xoga como centrocampista no Espanyol B, da Segunda Federación.
Tim Caroutas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid | ||
Nacemento | 2 de xaneiro de 2003 | ||
Lugar de nacemento | Illawarra | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Espanyol B | ||
Carreira xuvenil | |||
2018–2022 | Cornellà | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2021 | Cornellà | 0 | (0) |
2022–2024 | Fabril | 27 | (1) |
2024– | Espanyol B | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de xullo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
De ascendencia grega,[1] naceu en Australia, onde comezou a xogar ao fútbol ata que aos 15 anos se trasladou a Cataluña, onde entrou na canteira do Cornellà. Pasou polo equipo cadete e o xuvenil, e o 16 de decembro de 2020, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Marino.[2]
En xullo de 2022 mudouse a Galicia, onde fichou polo Fabril, da Terceira División RFEF.[1] Xusto despois da súa chegada incorporouse ao primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Borja Jiménez, para realizar a pretempada, e debutou con este nun partido amigable contra o Racing Vilalbés na Magdalena, converténdose no primeiro futbolista australiano e oceánico en vestir a camiseta do club nos seus 116 anos de historia.[3] Marcou o seu primeiro gol co Deportivo no seguinte partido amigable, tamén na Magdalena, na goleada por 7-1 sobre a Ponferradina, equipo da Segunda División.[4]
A súa progresión viuse truncada na primeira xornada do Fabril na tempada 2022/23, nun partido contra o Paiosaco na Porta Santa, onde rompeu o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito, o que o afastou dos terreos de xogo durante toda a campaña.[5] Reapareceu un ano despois, na xornada inaugural da tempada 2023/24 da Segunda Federación, categoría á que o seu equipo ascendeu durante a súa ausencia, e aínda que disputou 26 encontros, non conseguiu asentarse na titularidade.[6]
En xullo de 2024 deixou A Coruña e asinou como novo xogador do Espanyol B, da mesma categoría.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.