From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tigre Celta (en irlandés: "Tíogar Ceilteach", en inglés: "The Celtic Tiger") é un alcume da República de Irlanda relativo ao rápido crecemento económico que experimentou durante os anos noventa ata 2001 ou 2002. En sentido estrito, a expresión emprégase tanto para o período de tempo (os anos do Tigre Celta) e para o país durante ese período. Máis recentemente apareceu nos medios a expresión Tigre Celta 2 (Celtic Tiger 2), que se emprega dende 2004, ano no que o PIB do país creceu un 5% a pesar da recesión no resto de Europa, convertendo ao PIB per cápita da República de Irlanda no segundo máis elevado da Unión Europea.
A expresión Celtic Tiger foi empregada por vez primeira nun informe de Morgan Stanley de agosto de 1994. Supuña unha analoxía co alcume "os Tigres Asiáticos" (ás veces chamados tamén, "dragóns") que se aplicaba a Corea do Sur, Singapur, Hong Kong, Taiwán e outros países de Asia Oriental durante o seu período de crecemento acelerado nos anos oitenta e noventa. Á economía do Tigre Celta tamén é coñecida coma o Boom ou o milagre económico irlandés.
O primeiro período de Tigre Celta produciuse a finais dos anos noventa e durou ata a recesión económica mundial de 2001. Entre 1991 e 2003 a economía irlandesa medrou a un ritmo medio anual do 6,8%,[1] aumentando o nivel de vida irlandés de xeito espectacular ata o punto de exceder o de moitos estados do resto da Europa Occidental. O punto de maior crecemento foi 1999, ano no que o PIB medrou un 11,1%, despois de subidas do 8,7% e do 10,8% en 1998 e 1997 respectivamente. A pesar deste alto nivel de crecemento continuado, a economía seguiu crecendo ao redor dun 6% en 2001, 2002 e 2003.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.