Remove ads
novelista australiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Michael Keneally, nado en Sydney o 7 de outubro de 1935, é un escritor australiano, autor da novela Schindler's Ark, que foi adaptada ó cinema no filme de Steven Spielberg, A lista de Schindler.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1935 (89 anos) Sydney, Australia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | St Patrick's College, Strathfield (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura |
Ocupación | escritor, actor, novelista, dramaturgo, autor |
Período de actividade | 1964 - |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Educouse no St. Patrick's College de Strathfield, onde se estableceu un premio literario que leva o seu nome. Ingresou no Seminario de San Patricio de Manly para ser sacerdote católico, pero abandonouno antes da súa ordenación. Traballou como mestre de escola en Sydney antes do seu éxito como novelista, e foi profesor na Universidade de Nova Inglaterra (1968-1970).
Keneally era coñecido como "Mick" até 1964, pero comezou a utilizar o nome de Thomas xa na súa primeira publicación, seguindo os consellos do seu editor de usar o que é realmente o seu primeiro nome.[1]
En 1983 foi nomeado Oficial da Orde de Australia (AO). É un dos Australian Living Treasures e ó longo da súa vida salientou como un firme defensor da República de Australia, no sentido da ruptura dos lazos coa monarquía británica, e mesmo publicou o libro Our Republic en 1993. Varios dos seus ensaios republicanos aparecen na páxina web do Movemento Republicano de Australia.
Keneally tamén actuou nalgúns filmes. Tivo un pequeno papel en The Chant of Jimmie Blacksmith (baseada na súa novela) e desempeñou o papel de pai Marshall no filme de Fred Schepisi, The Devil's Playground (1976).
En marzo de 2009, o Primeiro Ministro de Australia, Kevin Rudd, regalou unha copia autografada por Keneally da súa biografía de Lincoln ó Presidente dos Estados Unidos Barack Obama como un agasallo de Estado.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.