obra de J. R. R. Tolkien From Wikipedia, the free encyclopedia
The Fall of Gondolin é unha novela de fantasía épica e traxedia escrita por J. R. R. Tolkien. A historia formou a base dunha sección da obra O Silmarillion que foi publicada postumamente, con outra versión aparecendo tamén en The Book of Lost Tales. Como libro autónomo, a historia foi publicada coa narrativa completa en 2018.[1][2] The Fall of Gondolin é unha das tres historias ambientadas na Primeira Idade da Terra Media que foron publicadas como libros autónomos, sendo as outras dúas Beren and Lúthien e The Children of Húrin.
The Fall of Gondolin | |
---|---|
Título orixinal | The Fall of Gondolin |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Ilustrador/a | Alan Lee |
Cuberta | Alan Lee |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | Fall of Gondolin |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | HarperCollins |
Data de pub. | 30 de agosto de 2018 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 304 |
ISBN | ISBN 978-0008302757 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gondolin era unha cidade secreta dos elfos na Primeira Idade da Terra Media. The Fall of Gondolin fala da fundación da cidade, da chegada alí de Tuor, un príncipe dos homes, da traizón da cidade polo sobriño do rei, Maeglin e posterior destrución da cidade a mans dos exércitos de Morgoth. Tamén conta a fuxida cara aos refuxios de Sirion, a voda de Tuor e Idril Celebrindal, así como a infancia do seu fillo, Eärendil.
O 30 de agosto de 2018,[1] publicouse a primeira versión como libro autónomo a través da editorial HarperCollins no Reino Unido[1] e Houghton Mifflin nos Estados Unidos.[1] Esta versión, ilustrada por Alan Lee, foi editada por Christopher Tolkien,[1] o fillo de J. R. R. Tolkien, quen tamén editou O Silmarillion, The Children of Húrin, e outras obras que se publicaron despois da morte do autor.[3]
O libro recompila material publicado anteriormente noutros lugares, a saber The Tale of The Fall of Gondolin e Isfin and Eöl, ambos publicados en The Book of Lost Tales, Part Two; Turlin and the Exiles of Gondolin publicado en The Shaping of Middle-earth; anacos de Sketch of the Mythology e Quenta Noldorinwa, ambos publicados en The Shaping of Middle-Earth e Of Tuor and The Fall of Gondolin publicado en Unfinished Tales, xunto con fragmentos do Silmarillion e outros lugares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.