filme de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen From Wikipedia, the free encyclopedia
The Broken Circle Breakdown (tamén coñecido como Alabama Monroe) é un filme belga de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen. Baséase na obra de Johan Heldenbergh e Mieke Dobbels e foi adaptado para o cinema por Carl Joos e Felix van Groeningen. Conseguiu a aclamación da crítica e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios,[1] sendo finalmente nomeado.[2] O filme foi o gañador do Premio César ó mellor filme en lingua non inglesa, 39ª edición dos premios César.[3] Foi o gañador do premio Lux de 2013.[4]
The Broken Circle Breakdown | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Broken Circle Breakdown |
Director | Felix Van Groeningen |
Produtor | Dirk Impens Frans van Gestel Laurette Schillings Arnold Heslenfeld |
Guión | Carl Joos Felix van Groeningen |
Intérpretes | Johan Heldenbergh Veerle Baetens |
Música | Bjorn Eriksson |
Fotografía | Ruben Impens |
Montaxe | Nico Leunen |
Estudio | Menuet Topkapi Films |
Distribuidora | Kinepolis Film Distribution |
Estrea | 10 de outubro de 2012 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Bélxica |
Xénero | Drama |
Recadación | 5,5 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.thebrokencirclebreakdown.be/ | |
|
Ambientado en Gante, o filme narra as vidas de Didier e Elise durante sete anos dende que se namoran grazas á súa paixón pola música bluegrass. Teñen unha filla, Maybelle, que desenvolve un cancro despois do seu sexto aniversario e sucumbe un ano despois. A morte de Maybelle ten un efecto devastador na súa relación e nas súas vidas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.