obra literaria de Raymond Chandler From Wikipedia, the free encyclopedia
The Big Sleep é unha novela negra de Raymond Chandler publicada en 1939, a primeira da saga do detective privado Philip Marlowe. A obra foi adaptada dúas veces ao cinema, unha en 1946 e outra en 1978.
The Big Sleep | |
---|---|
Título orixinal | The Big Sleep |
Autor/a | Raymond Chandler |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Alfred A. Knopf |
Data de pub. | 1939 |
Formato | tapa dura e tapa branda |
Páxinas | 277 |
ISBN | ISBN 978-0-14-010892-7 |
Seguido por | Farewell, My Lovely |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia é coñecida pola súa complexidade, con moitos personaxes cruzados e moitos segredos desvelados ao longo da trama. O título é un eufemismo da morte.
O detective privado Philip Marlowe é chamado á mansión do Xeneral Sternwood, un ancián parapléxico que lle pide que negocie co chantaxista Arthur Gwynn Geiger, que se fai pasar por un comerciante de libros raros. Geiger prestoulle cartos á filla máis nova do Xeneral, Carmen, que é ludópata, e fíxolle asinar obrigas de pago. Antes de que Marlowe marche da mansión, a outra filla do Xeneral, Vivian, pregúntalle o motivo da súa visita, pois ela pensa que foi contratado para atopar o seu marido, Rusty Regan, que desaparecera aproximadamente un mes antes.
Marlowe visita a libraría de Geiger, onde descobre que a asistente, Agnes, non sabe nada sobre libros raros. Mentres espera, un cliente visita a sala dos fondos da tenda e sae cun libro. Despois de seguilo e coller o libro, Marlowe deduce que Geiger fai presta imaxes pornográficas e despois chantaxea á súa clientela. Marlowe regresa á tenda, e ao saír Geiger ségueo até a súa casa. Logo dun tempo, escoita tiros e o berro dunha muller. Irrompe na casa e atopa a Geiger morto no chan diante dunha cámara e a Carmen espida e drogada. A cámara xa non ten o carrete. Marlowe leva a Carmen para a súa casa sen chamar a policía. Ao regresar á escena do crime, o corpo de Geiger desapareceu.
Á mañá seguinte o inspector da policía Bernie Ohls chama a Marlowe para dicirlle que o chofer dos Sternwoods, Owen Taylor, foi atopado morto no porto. Ao parecer, partiu do peirao e afogou, pero o médico sospeita que a causa da morte podería ser un golpe na cabeza[1]. Marlowe visita a libraría de novo, e observa que os libros están sendo trasladados ás instalacións de Joe Brody, un ex-amante de Carmen, ao que o Xeneral Sternwood pagara para que a deixase. A continuación Marlowe vai á súa oficina e atopa a Vivian esperándoo. Ela dille que unha muller anónima intentou extorsionala para non amosar unhas fotos de Carmen espida. Marlowe visita a escena do crime por terceira vez, e atopa a Carmen buscando as fotos. Nese momento chega Eddie Mars, un gánster que ten un casino local, dicindo que é o caseiro de Geiger.
Marlowe visita a Joe Brody pensando que ten as fotos comprometedoras de Carmen. Brody, xunto con Agnes, está tentando asumir o negocio de Geiger, incluíndo a chantaxe. Carmen chega nerviosa cun arma e dispara sobre Brody, pero non acerta. Marlowe colle a arma e dille a Carmen que marche a casa. Despois interroga a Brody, que di que mirara a Owen Taylor deixar a escena do asasinato de Geiger, e que o perseguiu e lle quitou as fotos tras agredilo, pero nega ser o seu asasino. Outra persoa bate na porta e pregunta por Brody. Brody vai cara á porta, pero recibe un disparo mortal antes de abrila. Marlowe persegue ao agresor, captúrao e recoñéceo como o o outro asistente da tenda de Geiger. O mozo é Carol Lundgren, e Marlowe deduce que é o amante homosexual de Geiger Brody, que actuou por vinganza crendo erroneamente que Brody o matara. Lundgren fora quen levara o corpo de Geiger ao garaxe e despois a outra sala, e despois colocárao fóra con candeas negras. Marlowe leva a Lundgren á comisaría xunto a Bernie Ohls.
Marlowe visita a oficina de persoas desaparecidas e descobre que Regan aparentemente fuxiu con Mona Mars, a esposa de Eddie Mars. Eddie Mars dille a Marlowe que vaia ao seu club, onde Mars tenta subornalo para que deixe o caso, e Marlowe deduce que Mars sabe algo que podería ser moi prexudicial para os Sternwoods e que está a chantaxear a Carmen. Marlowe pregúntalle a Mars se é el quen o mandou seguir nun coche, e Mars di que non sabe nada. Marlowe ve como Vivian gaña unha gran cantidade de cartos na ruleta, e séguea cando sae do casino. No aparcadoiro, sálvaa dun atraco aparente, e lévaa cara á praia, onde ela intenta seducilo. El négase a seguirlle o xogo e lévaa a casa. Ao regresar ao seu propio domicilio atopa a Carmen espida na súa cama, e el bótaa fóra enfadado.
O perseguidor de Marlowe resulta ser un tal Harry Jones, que traballa con Agnes. Despois de enganalo e obrigalo a seguilo, Jones véndelle a información de que a esposa de Mars está secuestrada nun lugar secreto por un dos homes de Eddie Mars, Canino. Ela nunca fuxiu con Regan, e está agochada para que a xente non pense que Eddie Mars matou a Regan. Jones dille a Marlowe que apareza no seu despacho esa mesma noite con 200 $ para que Agnes lle diga inde está Mona Mars. Cando Marlowe chega ao despacho de Jones, escoita a Canino apremando a Jones para que lle diga onde está Agnes. Jones méntelle, e Canino suxire tomar unha copa para celebrar o acordo. Canino envelenar a bebida con cianuro e mata a Harry. Cando Marlowe examina o corpo de Harry para atopar unha pista sobre a verdadeira situación de Agnes, soa o teléfono e resulta ser ela, e acordan atoparse. Ela dálle a localización de Mona a cambio de 200 $, pero el non lle di que Harry está morto.
De camiño ao escondedoiro de Mona, Marlowe pincha dous pneumáticos. Porén, esta fatalidade dálle a ocasión de chegar ao escondedoiro de Mona, oculto nun taller. Alí recoñece a Canino, que está no taller cun mecánico e que inicialmente non recoñece a Marlowe. O mecánico bate en Marlowe, deixándoo inconsciente. Esperta na casa onde se aloxa Mona, esposado e atado. El pregúntalle se o seu marido foi quen matou a Regan, e ela dille que non. Despois libérao, aínda que non pode abrir as súas esposas.
Canino regresa e comeza un tiroteo. Canino falece e Marlowe vai á policía, que non presenta cargos contra el. Ao día seguinte Marlowe visita ao Xeneral Sternwood, e este enfádase porque pensa que Marlowe intentou atopar a Rusty Regan, malia que non fora iso o que se lle pedira. Ao saír Marlowe devólvelle a Carmen o seu revólver, e ela pídelle a Marlowe que lle ensine a usalo. Carmen leva a Marlowe a un campo abandonado de extracción de petróleo pertencente aos Sternwood. El pon unha lata nunha polea a uns 10 m de distancia para que ela dispare, pero ao regresar cara a ela, Carmen dispara contra el nun acceso de ira. Por sorte, Marlowe pensara nesa posibilidade, e metera na arma balas baleiras. A continuación, Carmen ten un ataque epiléptico. Marlowe leva a Carmen á casa e vai canda a Vivian, contándolle a súa teoría de que Carmen foi quen matou a Regan. Marlowe pensa que Regan botara a Carmen fóra da súa cama, ao igual que fixera o propio Marlowe, provocando así o odio de Carmen. Ao igual que co detective, ela pediríalle que lle aprendese a disparar e mataríao. Vivian admite que Carmen disparou a Regan e que Vivian pediu a Eddie Mars que a encubrise, pero el chantaxeouna. Marlowe promete non ir á policía se Carmen é ingresada nun sanatorio.
O libro remata con Marlowe pensando nas súas aventuras, e na desagradable e sórdido comedia humana na que foi introducido.
O libro, como toda a saga de Philip Marlowe, está narrado en primeira persoa e ambientado nos Ánxeles (Bunker Hill, Hollywood...), con incursións a outros lugares de California. Neste caso está ambientado en outono.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.