pintor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean-Louis André Théodore Géricault, coñecido como Théodore Géricault, nado en Ruán o 26 de setembro de 1791 e finado en París o 26 de xaneiro de 1824, foi un pintor francés do Romanticismo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Géricault mudouse para París co seu pai, un coñecido xurista, despois da morte da súa nai, e aos 10 anos ingresou no Liceo Imperial. Terminados os estudos, tivo aulas co pintor Vernet e anos máis tarde xa traballaba no taller de Pierre-Narcise Guérin, xunto con Delacroix.
Nos seus primeiros lenzos, Géricault amosou unha grande admiración por David e polos cánones estéticos neoclásicos. Dedicouse a copiar Rubens, Velázquez e Caravaggio.[1] O seu primeiro lenzo importante foi Oficial de Cazadores a Cabalo Durante a Carga, co cal gañou a medalla de ouro da Academia en 1812. Esta obra reflicte a influencia de Gros e o cromatismo impactante e vigoroso que se observa en Rubens.
Despois de facer o servizo militar como mosqueteiro imperial na armada real, Géricault viaxou a Italia, onde estudou profundamente as obras de Michelangelo e Rafael.[2] Na volta, en 1817, o pintor iniciou aquela que sería a súa obra prima, A Balsa da Medusa. Aínda que o tema do naufraxio sexa coherente coa desesperación romántica, o certo é que con este lenzo Géricault faise eco da crítica ao réxime, compadecéndose dos sobreviventes e dos mortos no naufraxio ocorrido por culpa do goberno. Sábese que a súa obsesión chegou a levalo a falar cos sobreviventes nos hospitais e inclusive a facer esbozos dos mortos no cemiterio.
A doenza, a loucura e o desespero pasaran entón a ser unha constante nos seus lenzos.[3] O efecto do claro-escuro, que o pintor tanto admiraba en Caravaggio, inspirárano a crear ambientes patéticos e de intenso sufrimento. Anos despois, en Londres, Géricault retomou súa paixón polos cabalos, pintando o O Derby de Epson, que de certa forma anticipou a súa preocupación en captar o movemento. Tamén fixo lenzos de doentes mentais nun hospital. Logo dunha tentativa de suicidio, o pintor volveu a París, onde poucos meses despois, vítima dun accidente, acabou morrendo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.