tesouro monetario achado en Persépole From Wikipedia, the free encyclopedia
O tesouro da Apadana é un conxunto de moedas que se descubriu baixo as caixas de pedra que contiñan as táboas fundacionais do palacio de Apadana, en Persépole, a capital do Imperio Aqueménica, no actual Irán.[1]
Tesouro da Apadana | |
Tipo | Moedas aqueménidas e gregas |
Data | -515 |
Cultura | Imperio Aqueménida |
Características | |
Materiais | Prata e ouro |
Descuberta | |
Localización | Apadana de Persépole, Irán 29°56′6″N 52°53′24″L |
Descubridor/a | Erich Schmidt |
Data | 1933 |
As moedas foron descubertas en escavacións realizadas en 1933 por Erich Schmidt, en dous depósitos, cada un deles localizado baixo senllas caixas. O depósito deste tesouro, que aparentemente formaba parte do ritual de fundación do palacio da Apadana, está datado cara a 515 a.C.[1]
As táboas de ouro e prata recuperadas das caixas de pedra contiñan unha inscrición trilingüe de Darío I (522-486 a.C.) en persa antigo, elamita e acadio, que describe o seu imperio en termos xeográficos:[1]
“ | Darío o gran rei, rei de reis, rei de países, fillo de Histaspes, aqueménida. O rei Darío di: este é o reino que posúo, desde os sacas que están alén de Sogdiana ata Kush, e desde Sind ata Lidia. Isto é o que Ahura Mazda, o maior dos deuses, dispuxo para min. Que Ahura Mazda me protexa a min e a miña real casa!
—Inscrición de Darío I.[2] |
” |
As moedas achadas no tesouro da Apadana son:
As creseidas atopáronse en moi bo estado de conservación, o que confirma que foran cuñadas recentemente baixo o dominio aqueménida. O depósito non contiña ningún exemplar de dáricos nin de siclos, o que tamén suxire claramente que estas moedas típicas da cuñaxe aqueménida só comezaron a cuñarse máis tarde, despois de 515 a.C.[3]
Segundo o numismático Martin Price, as moedas do tesouro da Apadana non deberon ser seleccionadas polo lugar que representaban, senón máis ben polo significado simbólico da súa tipoloxía. O león que ataca o touro na creseida licia tiña un simbolismo obvio para os aqueménidas; o grifón do didracma de Abdera puido ser utilizado como gardián simbólico do ouro, e a tartaruga da moeda de Exina puido ser elixida como símbolo do poder marítimo.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.