Terra Australis (de forma completa en latín Terra Australis Incognita, "[a] Terra Descoñecida do Sur") foi un continente imaxinario con orixes na grecia clásica que adoitaba aparecer nos mapas europeos a partir do século XV e ata o século XVIII.
O concepto foi introducido por Aristóteles e Eratóstenes en base a prexuízos relacionados coa simetría xeométrica. As súas ideas foron posteriormente estendidas por Tolomeo, un cartógrafo grego do século I, que cría que o océano Índico estaba pechado por unha masa de terra ao sur. Cando, durante o Renacemento Tolomeo converteuse na principal fonte de información para os cartógrafos europeos, este continente empezou a aparecer nos seus mapas.
Aínda que as viaxes de exploración foron facendo que se reducise a masa de terra do alegado continente, os cartógrafos continuaron pintándoo nos seus mapas e os científicos defenderon esta opción cos usuais argumentos aristotélicos tales como que debería haber unha gran masa de terra no hemisferio sur que fixese de contrapeso á masa coñecida no hemisferio norte.
Era frecuente que este continente debuxásese ao redor do Polo Sur pero cunha superficie moito maior que a actual Antártida e estendéndose moito máis ao norte. Por exemplo, Fernão de Magalhães en 1520 creu que a Illa Grande de Terra do Fogo era parte desta 'Terra Australis Incognita. Nova Zelandia, descuberta por Abel Tasman en 1642, así como Australia, tamén foron consideradas como parte desta mítica masa terrestre.
A inicios do século XVI mariños españois como Francisco de Hoces (quen descubriu a pasaxe logo chamada "de Drake") e Gabriel de Castela, situaron concretamente as costas da aínda entón chamada Terra Australis Incognita nas latitudes reais. O concepto desta mítica terra meridional foi finalmente corrixido por James Cook. Na súa primeira viaxe circunnavegou Nova Zelandia mostrando que non era parte dun continente maior. Na súa segunda viaxe circunnavegou o globo a unha elevada latitude sur (nalgúns lugares ata cruzando o círculo polar antártico) co que mostrou que se houbese un continente no hemisferio sur este debería estar confinado en zonas polares e non en rexións de clima amornado como se pensou.
En tempos modernos usouse en ocasións o termo "Terra Australis" como sinónimo do continente australiano.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.