From Wikipedia, the free encyclopedia
A hipótese de Gaia foi emitida polo químico e inventor James Lovelock en 1969 coa colaboración de Dian Hitchcock,[1] e máis tarde publicada en detalle na súa obra Gaia: A New Look at Life on Earth en 1979.[2] Esta hipótese postula que a Terra se comportaría, no seu conxunto, talmente coma un ser vivo que se autorregula, onde a biosfera ten un papel activo na modulación das condicións ambientais para manter a vida. Esta teoría foi desenvolvida e apoiada pola bióloga estadounidense Lynn Margulis, quen contribuíu significativamente á teoría, especialmente no que respecta á importancia das interaccións simbióticas entre os seres vivos na regulación dos sistemas terrestres.[3]
Esta hipótese ten relación coa bioxeografía, ciencia que se ocupa da vida en sentido global, e segundo a que todo ser vivo evoluciona interactuando estreitamente co reino mineral, o que conformaría e modelaría a biosfera terrestre (terra e atmosfera) no seu conxunto, polo que pode ser tomada como unha entidade con vida propia. Este ente é o que chaman Gaia ou a Terra.
Esta concepción, segundo o mitólogo Joseph Campbell podería converterse nun futuro nun novo mito que concerniría xa non a un pobo ou unha localidade, senón a todo o planeta, incluíndo tódolos seres que nel viven. Este novo mito indicaría como entrar en relación coa natureza e o cosmos, e a sociedade que forma parte del sería unha sociedade global, planetaria.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.