From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tenerife Amigos del Baloncesto, coñecido popularmente como Tenerife Nº 1 por motivos de patrocinio, foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Santa Cruz de Tenerife que existiu entre 1986 e 1994, período durante o cal conseguiu xogar dúas temporadas na Liga ACB. En 1994 fusionouse co Canarias, nacendo o CB Tenerife Canarias, que desaparecería definitivamente dous anos despois en 1996.
Tenerife Nº 1 | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1986 |
Desaparición | 1996 |
Cores | Azul, branco |
Localización | |
Cidade | Santa Cruz, España |
Pavillón | Municipal de Santa Cruz |
Capacidade | 5 500 |
Ao comezo da temporada 1986−87, o Real Club Náutico de Tenerife, que militaba na 1ª Dvisión B, non puido continuar mantendo o orzamento dun equipo semiprofesional de baloncesto. Pensando no historial do club, Enrique Alfonso formou unha xunta directiva que cos dereitos cedidos e formou o Tenerife Asociación de Baloncesto. Con Moncho Monsalve e Felipe Coello como adestradores e un elenco de xogadores locais xunto a un par de estadounidenses formado por Marty Embry e Lance Berwald conseguiu a permanencia ao obter o primeiro posto do Grupo B2. Con todo, o club sofre a desgraza da morte por accidente de tráfico de tres xogadores do equipo: Juan Carlos Delgado, Carmelo García González e Carmelo Javier Calero Martín. Na temporada 1987−88, aínda con Moncho Monsalve de adestrador e a incorporación de varios xogadores nacionais, conseguiuse o ascenso, por invitación, á Liga ACB, despois de ficar en terceiro lugar na liga regular e en sexto posto no playoff de clasificación final.
As seguintes dúas tempadas xogaríaas na Liga ACB quedando na primeira dela na posición número 22 e o segundo ano na posición 24. Este último ano o club descendería sendo o pechacancelas. Durante estas dúas temporadas o equipo tinerfeño coincidiu na máxima competición nacional co Canarias e o Gran Canaria, sendo as temporadas con maior número de equipos canarios no máximo nivel do baloncesto nacional e estando representadas o tres cidades máis poboadas do arquipélago: As Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna. En 1993 compra a praza doutro club canario, o Club Baloncesto San Isidro de La Orotava para seguir competindo en 1ª Nacional B, despois de perder a categoría ese ano na liga. O equipo desaparecería en 1996 tras crear co Canarias e outros clubs da illa o Tenerife Club de Baloncesto.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | 2 | 1ª División B | 13º | 17–17 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª División B | 6º | 27–16 | ||||||
1988–89 | 1 | ACB | 22º | 15–29 | Primeira rolda | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 24º | 13–32 | Primeira rolda | |||||
1990–91 | 2 | 1ª División | 13º | 17–26 | ||||||
1991–92 | 3 | 2ª División | ||||||||
1992–93 | 2 | 1ª División | 30º | 9–21 | ||||||
1993–94 | 2 | 1ª División | 19º | 21–9 | ||||||
1994–95 | 2 | EBA | 1º | 24–2 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 5º | 18–12 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.