Templo de Artemisa en Éfeso

From Wikipedia, the free encyclopedia

Templo de Artemisa en Éfesomap
Remove ads

O Templo de Artemisa ou aínda Templo de Diana é unha das sete marabillas do mundo antigo. Foi o maior templo do mundo antigo, e durante moito tempo o máis significante feito da civilización grega e a cultura helenística. Foi construído en tributo a Artemisa, a deusa grega da Caza e protectora dos animais salvaxes e tamén irmá de Apolo. O Templo de Artemisa está situado en Éfeso (actual Turquía), que fora o porto naval máis rico da Asia Menor.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads
Thumb
O lugar do Templo, en Éfeso, Turquía. Só hai restos e nada do templo orixinal.
Remove ads

Construción

Este templo foi construído primeiramente no Século VI a.C., composto de 127 columnas de mármore, con 20 metros (60 pés) de altura cada unha. Douscentos anos máis tarde foi destruído por un grande incendio e re-erguido por Alexandre o Grande. Actualmente soamente unha solitaria columna dese magnífico templo se mantén, pois fora novamente destruído por terremotos e saqueadores.

O Templo de Artemisa foi erguido en 450 a.C. por Creso, rei da Lidia, na cidade de Éfeso (Epheseus), na Asia Menor (actual Turquía). Homenaxeaba a deusa dos bosques Artemisa, chamada Diana polos romanos. Os colonizadores gregos encontraron que os habitantes da zona daban culto a unha deusa, a cal identificaron como Artemisa. Eles entón construíron un pequeno templo que foi reconstruído e aumentado moitas veces. Soamente na cuarta ampliación, o Templo foi incluído na listaxe das marabillas do mundo. O templo levou cerca de 120 anos para ser terminado. Medía 138 metros de comprimento, por 71,5 metros de largura, con columnas de 19,5 metros de altura e era famoso polas obras de arte, entre elas a escultura da deusa en ébano, ouro, prata e pedra preta. Foi destruído dúas veces: a primeira en 356 a.C. (na noite do nacemento de Alexandre o Grande), nun incendio causado por un maníaco, Heróstrato; a segunda no século III a.C., por un ataque dos godos. Quedaron algunhas esculturas e obxectos, que hoxe están no Museo Británico, en Londres.


Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

As maiores fontes de información histórica sobre o templo son:

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads