Provincia de Esmirna

provincia de Turquía From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia de Esmirnamap
Remove ads

Esmirna (en turco: İzmir) é unha das 81 provincias (en turco: iller) nas que está dividida Turquía, situada na rexión do Exeo (en turco: Ege Bölgesi). Ten unha superficie é de 11.973 km² e contaba cunha poboación no ano 2009 de 3.868.308 habitantes.[1] A súa capital é a cidade de Esmirna, a terceira maior cidade de Turquía, tras Istambul e a capital Ancara, por esa orde, e que contaba con 2,8 millóns de habitantes (censo de 2010) e arredor de catro millóns na área metropolitana.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Situada no suroeste de Turquía, está bañada polo golfo de Esmirna (mar Exeo) e é cercada polas provincias Balıkesir, ao norte, Manisa ao leste e Aydın ao sur.

Os principais ríos da provincia son o Caístro (Küçük Menderes), o Koca Çay (coa represa de Güzelhisar) e o Bakır Çay.

Remove ads

Distritos

A provincia de Esmirna divídese en trinta distritos:

  • Aliağa
  • Balçova
  • Bayındır
  • Bayraklı
  • Bergama
  • Beydağ
  • Bornova
  • Buca
  • Çeşme
  • Çiğli
 
  • Dikili
  • Foça
  • Gaziemir
  • Güzelbahçe
  • Karabağlar
  • Karaburun
  • Karşıyaka
  • Kemalpaşa
  • Kınık
  • Kiraz
 
  • Konak
  • Menderes
  • Menemen
  • Narlidere
  • Ödemiş
  • Seferihisar
  • Selçuk
  • Tire
  • Torbalı
  • Urla

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads