12ª edición do Campionato de Galicia de Rally From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1990 foi a 12ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra RS Cosworth. Foi o primeiro dos seis títulos que gañou.
Tipo | Campionato de Galicia de Rally |
---|---|
Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 31 de marzo de 1990 – 2 de decembro de 1990 |
Número de edición | 12 (1990) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
Nº | Data | Rally | Notas |
---|---|---|---|
1 | 31 de marzo | 3º Rally de Vigo | Resultados |
2 | 21 de abril | 7º Rally de Noia | Resultados |
3 | 19 de maio | 24º Rally do Lacón | Resultados |
4 | 15-17 de xuño | 23º Rally de Ourense | Resultados |
5 | 1 de xullo | 5º Rally Botafumeiro | Resultados |
6 | 28 de xullo | 26º Rally Rías Baixas | Resultados |
7 | 25-26 de agosto | 8º Rally Cidade de Cristal | Resultados |
8 | 6-7 de outubro | 12 Rally San Froilán | Resultados |
9 | 17 de novembro | 18º Rally da Coruña | Resultados |
- | 2 de decembro | 14º Rally San Martiño | Cancelado |
10 | 1-2 de decembro | 22º Rally de Ferrol | Resultados |
O Rally de Ferrol non puido ser celebrado en setembro como estaba previsto e dado que a Federación Galega de Automobilismo non permitía a celebración de dous rallys no mesmo mes, quedou sen data dispoñíbel. Con todo, posteriormente cancelouse o Rally San Martiño por non ser presentada a regulamentación a tempo, polo que o Rally de Ferrol puido ocupar o seu oco de decembro.[1]
O campionato comezou coa vitoria de Jorge Pérez no Rally de Vigo, nunha proba na que abandonou o principal favorito,[2] o campión galego do ano anterior, Arturo Rial, e na que Manuel Senra participou cun Peugeot 309 GTI 16v sen homologar.[3] Germán Castrillón non disputou ese rally nin os tres seguintes por falta de patrocinadores. O vascofrancés Marc Etchebers logrou a vitoria en Noia[4] e no Botafumeiro,[5] mentres que o berciano Antonio Garrido fixo o propio no Lacón, colocándose ademais líder do campionato.[6]
No quinto rally da tempada, o Rally Rías Baixas, reapareceron Germán e Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth que pertencera a Carlos Piñeiro. Con este vehículo conseguiron superar a "Culebra" e lograron a vitoria.[7] A partir de aí o seu dominio foi absoluto e venceron de xeito consecutivo as restantes catro probas: o Rally Cidade de Cristal,[8] o San Froilán,[9] o Rally da Coruña[10] e o Rally de Ferrol.[11] Deste xeito proclamáronse campións antes incluso do último rally.[12] Remataron o campionato con máis de 300 puntos de vantaxe sobre o segundo, Antonio Garrido, que logrou o subcampionato ao superar en Ferrol os puntos de "Peitos" que ía segundo ata ese momento. Con todo, Garrido consideraba que Castrillón non podía ser declarado campión debido a que non disputara os seis rallys que segundo a súa interpretación do regulamento eran precisos para a puntuación final, polo que puxo unha reclamación perante a Federación Galega de Automobilismo. Esta foi desestimada por defecto de forma, polo que presentou outra ante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,[13] pero tampouco esa saíu adiante.
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | 1 VIG |
2 NOI |
3 LAC |
4 OUR |
5 BOT |
6 RBX |
7 CRI |
8 SFR |
9 COR |
10 FER |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Sierra Cosworth | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 960 | |||||
2 | Antonio Garrido | López Carbajal | Ford Sierra Cosworth | 6 | 8 | 1 | Ret | 6 | 6 | Ret | 5 | 5 | 660 | |
3 | "Peitos" | Javier Salgueiro | Citroën AX Sport | Ret | 4 | 5 | 6 | 4 | Ret | Ret | 600 | |||
Marc Etchebers | Humberto González | Ford Sierra Cosworth | 1 | 1 | 3 | Ret | ||||||||
Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 205 GTI | 2 | Ret | Ret | 4 | 11 | 2 | 2 | |||||
Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 205 GTI | 15 | 2 | 12 | 3 | ||||||||
Jorge Pérez | Luis Pérez | Renault 5 GT Turbo | 1 | Ret | 5 | Ret | ||||||||
Juan Carlos Táboas | Rodríguez | Citroën AX Sport | 3 | Ret | 5 | Ret | Ret | 10 | 8 | |||||
Antonio Trelles | Candú Costas | Renault 5 GT Turbo | 4 | 3 | 9 | Ret | ||||||||
José M. López Parada | José Valcárcel | Renault 5 GT Turbo | 2 | 8 | Ret | 7 | 4 | 4 | ||||||
Lino Otero | Renault 5 GT Turbo | 7 | 13 | 10 | 5 | 5 | 7 | |||||||
Juan Carlos González "Culebra" | Gustavo Piñeiro | BMW M3 | Ret | 2 | ||||||||||
Arturo Rial | Mario Pazos | Citroën AX Sport | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 3 | ||||||
Carlos Piñeiro | Ford Sierra Cosworth | 3 | Ret | |||||||||||
Manuel Solleiro | Cinde | Renault 11 Turbo | 3 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.