O tecido linfoide asociado ás mucosas ou MALT (do inglés mucosa-associated lymphoid tissue) (tamén chamado tecido linfático asociado ás mucosas) é o formado polas pequenas concentracións de tecido linfoide que se encontran en diversos sitios do corpo humano, como o tracto gastrointestinal, tiroide, glándula mamaria, pulmóns, glándulas salivares, ollo, e pel. O MALT está poboado de linfocitos como células T e B, e de células plasmáticas e macrófagos, cada un dos cales está situado alí para encontrarse facilmente cos antíxenos que pasan polo epitelio mucoso. No caso do MALT intestinal, as células M están tamén presentes, as cales recollen o antíxeno do lume intestinal e entrégano ao tecido linfoide.
Para denominar os compoñentes do MALT utilízanse xeralmente os seguintes termos:
- GALT (tecido linfoide asociado ao intestino). Por exemplo, as placas de Peyer son compoñentes do GALT que se encontran na mucosa que tapiza o interior do intestino delgado.
- BALT (tecido linfoide asociado aos bronquios).
- NALT (tecido linfoide asociado ás fosas nasais).
- CALT (tecido linfoide asociado á conxuntiva)[1]
- O-MALT (tecido linfático asociado ás mucosas organizadas); especificamente, as tonsilas do anel de Waldeyer son O-MALT.[2]
- D-MALT (tecido linfático asociado a mucosas dufusas); é un MALT que non está organizado como unha masa separada identificable na anatomía macroscópica, a diferenza do antes mencionado O-MALT.
O MALT xoga un papel importante na regulación da inmunidade das mucosas. Pode ser o sitio onde se orixinan linfomas, xeralmente o linfoma non Hodgkin. Un tipo específico é o linfoma MALT ligado á bacteria estomacal Helicobacter pylori.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.