filme de 1976 dirixido por Martin Scorsese From Wikipedia, the free encyclopedia
Taxi Driver é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Scorsese e escrito por Paul Schrader. O filme está ambientado en Nova York, pouco despois de que terminase a guerra de Vietnam, e está protagonizado por Robert De Niro, quen interpreta a Travis Bickle, un ex-combatente solitario e mentalmente inestable que comeza a traballar como taxista, incorporándose á turbia vida nocturna da cidade.
Taxi Driver | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Taxi Driver |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Julia Phillips Michael Phillips |
Guión | Paul Schrader |
Intérpretes | Robert De Niro Jodie Foster Albert Brooks Harvey Keitel Leonard Harris Peter Boyle Cybill Shepherd |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Marcia Lucas (supervisor) Tom Rolf Melvin Shapiro |
Estudio | Bill/Phillips Italo/Judeo Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 1976 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1.300.000[1] |
Recadación | $28.262.574[2] |
Na rede | |
Para soportar o insomnio crónico que sofre dende o seu regreso de Vietnam, Travis Bickle (Robert De Niro) traballa como taxista nocturno en Nova York. É un home pouco sociable que apenas ten contacto cos demais, pasa os días nos cines para adultos e vive obsesionado con Betsy (Cybill Shepherd), unha atractiva loira que traballa como voluntaria nunha campaña política. Tras estragar a súa incipiente relación con Betsy, Travis non pode menos que seguir observando como a violencia, a sordidez e a desolación se apoderan da cidade, polo que un día decide pasar á acción.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.