antiga moeda de ouro e de prata From Wikipedia, the free encyclopedia
O tari (do árabe طري ṭarī "fresco", "acabado de cuñar") foi a denominación nos reinos cristiáns dun tipo de moeda de ouro de orixe árabe cuñada en Sicilia, Malta e o sur de Italia entre ca. 913 e o século XIII.[1][2][3]
A palabra árabe para esta tipoloxía de moeda era ruba'i. Tratábase da cuarta parte dun dinar, xa que pesaba 1,05 g de ouro.[2] O ruba'i xa fora cuñado polos árabes en Sicilia, de xeito diferente aos árabes do norte de África, que preferían a cuñaxe dos dinares completos.[4] Foi precisamente o seu pequeno tamaño con respecto ao dinar de 4,25 gramos o que a converteu nunha moeda moi popular.[5]
O uso dos taris estaba tan estendido que chegaron a facerse imitacións no sur de Italia (en Amalfi[6] e en Salerno) a partir de mediados do século X, nas que se representaban a modo de lendas unhas imitacións ilexibles pseudo-cúficas do árabe.[2][4][5]
Cando os Normandos invadiron Sicilia, no século XI, cuñaron tamén taris de ouro, esta vez con lendas en árabe e en latín. Roxerio II de Sicilia foi un dos seus emisores, co que se converteu no único gobernante occidental dese momento en cuñar moeda de ouro. A súa pureza era de 161⁄3 , e contiña en aliaxe prata e cobre.[4]
A dinastía Hohenstaufen e a Casa de Anjou-Sicilia cuñaron tamén os seus propios taris.[7]
Xeralmente, o ouro para a cuñaxe dos taris era de procedencia africana, obtido principalmente de Misurata e de Tunisia e adoito intercambiado por cereais.[7]
Co mesmo nome de tari coñeceuse tamén unha moeda de prata napolitana na época do dominio aragonés, arredor do ano 1500. Foi introducida por Fernando II e cuñada ao seu nome, co valor de 1/12 piastra.[3]
A Orde de San Xoán, en Malta, cuñou tamén taris de prata desde 1530 ata finais do século XVIII, e nalgúns casos chegaron a emitirse en cobre.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.