organismos pluricelulares sen diferenciación celular en raíz, caules e follas, senón cun corpo vexetativo pouco diferenciado From Wikipedia, the free encyclopedia
As talófitas son organismos pluricelulares, tradicionalmente considerados como plantas, e caracterizados por non teren diferenciación celular en raíz, caules e follas, senón que teñen un corpo vexetativo pouco diferenciado denominado talo.
Constitúen un grupo polifilético (non proveñen dun devanceiro común inmediato, senón de varios) de organismos que tradicionalmente se describiron como plantas inferiores. Formaban parte duna extinta división do reino vexetal, os Thalophyta (ou Talobionta) que inclúen as algas, os fungos, os liques e os briófitos. Algúns autores engádenlle as bacterias e, ás veces, tamén os Myxomycophyta.
Denomínanse ás veces "plantas talosas", en oposición ás plantas vasculares. No século XIX (1836), Stephan Ladislaus Endlicher (botánico austríaco) separou o reino vexetal (equivalente ao Regnum Plantae) en talófitas e cormófitos (plantas vasculares). As talófitas coñecéronse tamén como Thallogenes, segundo John Lindley, botánico inglés do século XIX. Así mesmo, os Cormophyta tamén son coñecidos como Cormogenes segundo o sistema de Lindely.
As súas características xerais comúns son:
Son talófitas as algas (pertencentes hoxe ao reino dos protoctistas, os fungos (actualmente non clasificados como vexetais ou plantas, senón como constituíntes dun reino propio, denominado Regnum Fungi ou reino dos fungos, os liques (relacións simbióticas entre algas e fungos) e os briófitos. Estes últimos, máis evolucionados, en vez de raíz, *cuale e follas das plantas superiores, presentan rizoides, cauloides e filoides, que son estruturas semellantes a aquelas, pero sen diferenciación en tecidos, e por iso considérase que están nunha posición intermedia entre talófitas e cormófitos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.