Remove ads
químico polaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Tadeusz Reichstein, nado en Włocławek o 20 de xullo de 1897 e finado en Basilea o 1 de agosto de 1996, foi un químico polaco-suízo, premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1950.[1][2][3]
Reichstein naceu nunha familia polaca xudía en Włocławek, no Imperio Ruso. Os seus pais eran Gastawa (Brockmann) e Izydor Reichstein.[4] Pasou os primeiros anos da súa infancia en Kíiv, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro. Comezou a súa educación en Jena (Alemaña) e chegou a Basilea (Suíza) aos oito anos.
En 1933, traballando en Zürich, Reichstein conseguiu, de xeito independente a Norman Haworth e os seus colaboradores no Reino Unido, sintetizar a vitamina C (ácido ascórbico) no que se denomina proceso Reichstein.
Xunto con Edward Calvin Kendall e Philip Showalter Hench, recibiu o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1950 polo seu traballo nas hormonas do córtex adrenal, que culminou co illamento da cortisona.
Nos seus últimos anos, Reichstein interesouse na fitoquímica e na citoloxía dos fieitos, publicando polo menos oitenta artigos sobre o tema nas últimas tres décadas da súa vida. Tiña un interese particular no uso do número de cromosomas e no comportamento da interpretación de historias de hibridación e poliploidía, mais tamén continuou cos seus intereses ininciais nos constituíntes químicos das plantas.
Faleceu en Basilea, Suíza. No momento da súa morte foi o Nobel máis lonxevo, mais foi superado en 2008 por Rita Levi-Montalcini.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.