O termo suspensión, do latín suspensĭo, -ōnis, "acción e efecto de suspender, ou de interromper",[1][2] pode referirse, entre outras cousas, a:

En ciencia
  • suspensión, en química, é un coloide, un estado provisional no que unha mestura dun líquido ou un gas cun material sólido dividido en partículas diminutas, mantense un tempo sen que as partículas sedimenten.
  • suspensión, en farmacia galénica, é a dispersión dun sólido (po) insolúbel (ou practicamente insolúbel) nun medio líquido.
  • suspensión, en xeomorfoloxía, é un proceso de transporte de sedimentos pola acción da auga ou do vento.
  • suspensión, en matemáticas, é unha construción topolóxica definida por esmagamento das extremidades dun cilindro.
En vehículos
  • a suspensión en vehículos é o conxunto de elementos que absorben as irregularidades do terreo polo que se circula para aumentar a comodidade dos pasaxeiros e o control do vehículo;
    • Nas antigas carruaxes de tracción animal, a suspensión refírese a cada unha das béstas e correas destinadas a suspender a caixa do coche, a fin de dar a esta un movemento máis suave.
    • Nos automóbiles e vagóns de ferrocarril, a suspensión é o conxunto das pezas e mecanismos destinados a facer elástico o apoio da carrocería sobre os eixes das rodas. No caso dos automóbiles, camións e motocicletas, distínguense dous tipos:
      • a suspensión vehicular ou suspensión independente,
      • a suspensión activa, ou electrónica;
    • á parte está a suspensión na bicicleta, que necesita certas características especiais.
En música
  • a suspensión, en música, ou retardo descendente, é o retardo dunha nota musical que, pertencendo ao acorde anterior, ocupa o lugar dunha nota do acorde co que soa.

Véxase tamén

  • Suspensión de armas.
  • Suspensión de garantías, en seguros, situación que se produce cando, a consecuencia de acontecementos normalmente previstos na póliza, quedan temporalmente sen vixencia os efectos desta. En xeral, prodúcese con motivo do non pagamento da prima do seguro.
  • Suspensión de garantías constitucionais, en dereito político, é a suspensión das garantías individuais e colectivas que dá a Constitución dun país. Prodúcese, por exemplo, cando o goberno declara o estado de sitio. Debe ser provisional e só mentres dure a continxencia política e/o social que a provocou
  • Suspensión de pagamentos, é a situación concursal na cal unha persoa, familia, empresa ou unha sociedade mercantil se encontra cando non pode pagar a totalidade das débedas que ten cos seus acredores por falta de liquidez ou diñeiro en efectivo.
  • Suspensión da pena, en dereito penal, é a suspensión, temporal ou condicional, da aplicación dunha pena grave a unha persoa que foi condenada por un delito.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.