From Wikipedia, the free encyclopedia
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer.[2] Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy.[3] A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Schnapp e Keery foron promovidos a actores principais, xunto coas incorporacións Sadie Sink, Dacre Montgomery, Sean Astin e Paul Reiser.
Formato | Ciencia ficción, sobrenatural, drama, terror e misterio |
---|---|
Creado por | Irmáns Duffer |
Desenvolvido por | 21 Laps Entertainment Monkey Massacre |
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 34 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Jackson, Xeorxia[1] |
Duración | 42-55 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K (Ultra HD) |
Primeiro episodio | 15 de xullo de 2016 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80057281 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está ambientada na vila ficticia de Hawkins, Indiana, na década de 1980. A primeira tempada céntrase na investigación da desaparición dun rapaz no medio de eventos sobrenaturais en toda a vila, nos que está implicada unha rapaza con habilidades psicocinéticas. A rapaza axuda ós amigos do desaparecido a atopalo. A segunda tempada, titulada Stranger Things 2, ocorre un ano despois da primeira, e conta as dificultades dos personaxes de volver á normalidade despois dos eventos ocorridos na primeira tempada.
Estreouse a través da canle Netflix o 15 de xullo de 2016. Recibiu a aclamación da crítica pola súa caracterización, a atmosfera, as actuacións, a banda sonora, o guión e as homenaxes ós filmes da década de 1980. Recibiu tamén varios premios e nomeamentos, incluíndo o Screen Actors Guild ó mellor conxunto de actores dunha serie dramática, e dezaoito nomeamentos ós premios Primetime Emmy. O 31 de agosto de 2016, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de nove episodios, que foi estreada o 27 de outubro de 2017. Os irmáns Duffer confirmaron que a serie continuaría nunha terceira tempada, co obxectivo de concluíla na quinta tempada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.