cantante norueguesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Stella Nyambura Mwangi[1] nada en Nairobi (Kenya) o 1 de setembro de 1986, é unha cantante, compositora e rapeira norueguesa. Tamén é coñecida polo nome artístico "STL".
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1986 (38 anos) Nairobi (Kenya) |
Outros nomes | Stella Mwangi |
Actividade | |
Ocupación | cantante, modelo, cantautora, pianista, guitarrista, rapeira |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Piano e voz |
Participou en | |
2011 | Festival de Eurovisión 2011 |
Páxina web | stellamwangi.com |
Mwangi comeza a practicar cantando cando tiña apenas oito anos de idade e ademais de cantar tamén toca o piano. Escribe música que fala da situación no seu país de orixe, Kenya, e da discriminación que tanto ela como a súa familia tiveron que soportar despois de mudarse a Noruega en 1991. Traballou en filmes como American Pie Presents: The Naked Mile e Save the Last Dance 2. Tamén apareceu en series de televisión tales como CSI: NY e Scrubs. Gañou varios premios entre os que se inclúen o Premio Kisima, Clops Premios e distincións Jeermaan.
Actualmente é unha das cantantes máis populares en Noruega despois de gañar o Melodi Grand Prix 2011, pero o seu éxito espallouse por Kenya, Senegal e Gambia. Está casada con Mads Rieverfield.
En 2011, Mwangi participou na selección nacional de Noruega para representar ó país no Festival de Eurovisión 2011, que se celebrou en Düsseldorf, Alemaña. O 12 de febreiro de 2011, Mwangi emerxeu como a gañadora. O 10 de maio, representou a Noruega coa canción "Haba Haba", pero non puido clasificarse para a final de Eurovisión a pesar de ser unha das grandes favoritas do concurso. Stella liderou a lista oficial de sinxelos en Noruega na semana 6 de 2011 coa súa canción gañadora "Haba Haba".
Ano | Notas |
---|---|
2008 | Living for Music
|
2011 | Kinanda
|
Ano | Título | Posicións | Álbum musical |
---|---|---|---|
NOR [2] | |||
2007 | "Take It Back" | — | Living for Music |
2010 | "Smile" | — | Kinanda |
2011 | "Haba Haba" | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.