Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Southwest Airlines Co. é unha gran aeroliña estadounidense e a maior low-cost do mundo. Ten a súa sede en Dallas, Texas e foi creada no ano 1967 adoptando o seu nome actual en 1971. A aeroliña tiña 44.831 empregados en decembro de 2013 e operaba máis de 3.400 voos diarios. En xuño de 2011 encargábase de transportar máis pasaxeiros en voos domésticos que calquera aeroliña estadounidense. En xullo de 2014 Southwest Airlines programara voos a 89 destinos en 41 estados, Porto Rico e outros países.
Southwest Airlines | ||
---|---|---|
IATA WN | OACI SWA | Indicativo SOUTHWEST |
Fundación | 16 de marzo de 1967 | |
Inicio das operacións | 18 de xuño de 1971 | |
Plan de voo frecuente | Rapid Rewards | |
Subsidiarias | AirTran Airways | |
Frota | 610 | |
Destinos | 92 | |
Eslogan da compañía | If it matters to you, it matters to us | |
Sede | Dallas, Texas | |
Páxina web: http://www.southwest.com/ |
Southwest Airlines usou só avións Boeing 737, agás durante uns poucos anos nos 70 e 80, cando alugou un feixe de Boeing 727. En agosto de 2012 Southwest era a aeroliña con máis 737 do mundo, cuns 550 en servizo, cada un deles facendo unha media de 6 voos diarios. En maio de 2011 Southwest mercou AirTran Airways, agardando que a integración das aeroliñas se complete en decembro de 2014. O 1 de marzo de 2012 a compañía emitiu un certificado de operación único, converténdose tecnicamente nunha soa aeroliña.[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Opcións | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Boeing 737-300 | 122 | — | — | 137 143 |
Algúns modernizados con cabinas de cristal Serán retirados entre 2016 e 2020.[2] |
Boeing 737-500 | 15 | — | — | 122 | Retirados cara 2016 |
Boeing 737-700 | 400 | 43 | 36 | 143 | Opcións convertibles á serie -800. |
Boeing 737-800 | 74 | 46 | — | 175 | Todos serán modernizados con Split Scimitar Winglets. |
Boeing 737 MAX 7 | — | 30 | — | TBA | Agárdase que entren en servizo en 2019.[3] |
Boeing 737 MAX 8 | — | 170 | 191 | TBA | Agárdase que entren en servizo en 2017.[4] |
Total | 610 | 290 | 227 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.