From Wikipedia, the free encyclopedia
Sophia é un robot social humanoide desenvolvido pola empresa baseada en Hong Kong Hanson Robotics. Sophia foi activada o 19 de abril de 2015[1] e fixo a súa primeira aparición pública en South by Southwest (SXSW) a mediados de marzo de 2016 en Austin, Texas, nos Estados Unidos.[2] É quen de amosar máis que 62 expresións faciais.
Sophia atraeu a atención dos medios de comunicación de todo o mundo despois de participar en entrevistas de alto nivel. Os entrevistadores quedaron sorprendidos pola sofisticación de moitas das respostas de Sophia, mais algúns expertos cren que a maior parte das declaracións significativas de Sophia foron guionizadas.[3]
En outubro de 2017, conseguiu a cidadanía de Arabia Saudita, sendo o primeiro robot en acadar a cidadanía en calquera país. En novembro de 2017, Sophia foi nomeada campioa da innovación no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, sendo o primeiro non humano en conseguir un título das Nacións Unidas.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.