From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonia Rykiel, nada Sonia Flis o 25 de maio de 1930 en París e finada o 25 de agosto de 2016 na súa cidade natal, foi unha deseñadora de moda francesa, fundadora da casa de moda Sonia Rykiel.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Sonia Annette Flis 25 de maio de 1930 XIV Distrito de París, Francia |
Morte | 25 de agosto de 2016 (86 anos) VII Distrito de París, Francia |
Causa da morte | párkinson |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | deseñadora de alta costura, escritora, escritora de literatura infantil, deseñadora, empresaria |
Familia | |
Fillos | Nathalie Rykiel, Jean-Philippe Rykiel |
Premios | |
| |
Páxina web | soniarykiel.com |
O seu pai eran romanés e a nai polaca, ambos os dous xudeus, e Sonia era a máis vella dos cinco fillos da parella[2]. En 1948 era escaparatista na Grande Maison de Blanc e en 1954 casou con Sam Rykiel, propietario de Laura, unha tenda dedicada á confección de roupa,[3] e foi nesta tenda na que realizou as súas primeiras confeccións, primeiro roupa para embarazadas e logo xerseis que se coñecerían como poor boy sweater e que se volverían as pezas icónicas da deseñadora, sempre á marxe da alta costura e ligada ao movemento prêt à porter.
En 1960, un dos seus xereis foi portada da revista Elle e Audrey Hepburn, nunha visita á tenda Laura, levou 14 xerseis asinados Sonia Rykiel de todas as cores[4]
En 1965 creou, coa axuda do seu marido, a sociedade Sonia Rykiel C. D. M. Consagrada en 1967 pola revista estadounidense Women's Wear Daily como a "raíña do punto", Rykiel na procura dunha moda cómoda e versátil inventou as costuras visibles, as pezas sen remate nin vaíña, colocou mensaxes nas pezas de roupa e en xeral deu lugar a unha nova filosofía da moda: démode[1]. Creando un estilo de elementos identificables como negros, o estampado a raias, o strass ou o encaixe.
A pesar do seu divorcio con Sam Rykiel, fundou con este último, en maio de 1968, o "griffe Sonia Rykiel" e abriu a súa primeira tenda en París.[1] As súas creacións quedaron asociadas coa imaxe dunha parisiense "feminina, libre, sensual e independente".[5],[6]
Rykiel tamén foi escritora, escribiu varios libros sobre moda, unha colección de historias para nenos e unha novela epistolar con Régine Deforges. Publicou o seu primeiro libro, Et Je La Voudrais Nue, en 1979.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.