Somersby (sidra)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008[1] e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América.[2] Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.[2]
No ano 2012, a subsidiaria de Carlsberg Group no Reino Unido chamada Carlsberg UK, desenvolveu e introduciu unha nova versión da Somersby Cider soamente para o mercado inglés. Somersby cider UK (é o nome que ten esta versión da bebida de sidra no Reino Unido), ten un contido alcohólico dun 4,5 %, esta sidra-seca non contén ningún sabor artificial ou edulcorantes.[3]
A pesar da súa orixe danesa, a sidra é comercializada en varios territorios coa creación de "Lord Somersby".[4][5]
A bebida non ten conexións discerníbeis á vila inglesa de Somersby (Lincolnshire).
Remove ads
Variedades
Ademais da sidra de mazá pura, a marca Somersby tamén está a usar outra variade que como a sidra de pera, sidra de mazá con sabor de amorodo e tamén unha sidra de mazá con menos calorías.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
