Remove ads
matemática rusa From Wikipedia, the free encyclopedia
Sofia Vasilyevna Krukovsky Kovalewska, nada en Moscova o 15 de xaneiro de 1850 (3 de xaneiro no calendario ruso) e finada en Estocolmo o 10 de febreiro de 1891, foi unha matemática rusa.
Pola súa parte materna, era descendente do rei de Hungría, Matías Corvino. Porén, o seu avó casou cunha xitana, en contra das normas reais. Como resultado, denegóuselle o título de príncipe ao que tiña dereito. Por parte do seu pai, tivo varios parentes famosos entre os seus antepasados polacos, como o cartógrafo Friedrich Schubert e o astrónomo Theodor von Schubert.[1]
Sofía Kovalewska está considerada a matemática europea máis prestixiosa, o que compatibilizou coa escritura e a reivindicación dos dereitos femininos, loitando por abrir ás portas da universidade ás mulleres. Os seus profundos traballos en matemáticas fixeron reconsiderar ós seus coetáneos as arcaicas nocións da inferioridade da muller na ciencia. Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais, teoría de funcións e cinemática. No 1874 recibiu o doutoramento da Universidade de Gotinga. Apareceron selos coa súa efixie en 1951 e 1996.
Nada nunha familia nobre, foi educada na propia casa, e así o seu carácter nervioso e retraído crese que foi debido á acción dunha estrita gobernanta que tivo de pequena. Sentiuse cedo atraída polas matemáticas: cóntase que a idade de once anos, as paredes da súa habitación estaban recubertas de papeis co traballo do matemático ruso Ostrogradski, e ós 14 anos aprendeu polos seus propios medios trigonometría para comprender a sección de óptica dun libro de física que estaba a ler por aquel entón. Diversas persoas convenceron ó pai para que ela asistira á escola para continuar os seus estudos. No 1869 intentou estudar matemáticas e ciencias na universidade de Heidelberg, persuadindo ás autoridades universitarias para que lle deixaran ir á clase de Gustave R. Kirchhoff. A súa tese doutoral, “Sobre a teoría de ecuacións diferenciais parciais” trataba sobre un sistema abondo xeral de ecuacións diferenciais de primeira orde e calquera número de variables, estendendo un traballo previo de Karl Weierstrass con condicións de contorno.
Grazas ao apoio de Gösta Mittag-Leffler conseguiu entrar como profesora da universidade de Estocolmo, ao principio sen soldo, e coa cátedra de matemáticas a partir de 1883, sendo a primeira muller en Europa en conseguilo. Promocionouna tamén na revista Acta Mathematica, fundada por el, sendo tamén a primeira muller editora dunha revista científica.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.