club de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Deportiva e Cultural Galicia, coñecida como Galicia de Mugardos, é un club de fútbol galego fundado en 1953 na parroquia de Meá, no concello de Mugardos. Actualmente compite no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Galicia de Mugardos | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedade Deportiva e Cultural Galicia | ||
Fundación | 1953 | ||
Estadio | A Pedreira, Mugardos, Galicia | ||
Inauguración | 1972 | ||
Capacidade | 2.000[1] | ||
Presidente | Brath Miraz Casal | ||
Adestrador | Pery | ||
Liga | Preferente | ||
2024/25 | 10º | ||
Patrocinador | Forestal del Atlántico | ||
Na rede | |||
http://www.galiciademugardos.gal/ | |||
| |||
O fútbol chegou a Mugardos a través dos traballadores que estaban empregados en Bazán, na construción naval, e que tiñan contacto con capataces ingleses. Na década de 1920 empezaron a organizarse en Mugardos equipos informais que ían xogar a Ares.
Antes da formación definitiva da Sociedade Deportiva e Cultural Galicia creáronse outros conxuntos, a maior parte efémeros.
Durante a guerra, estes equipos desaparecen, e volven formarse outros ao remate da contenda.
En 1952 decídese crear un novo equipo que, para recoller a tradición dos conxuntos anteriores, nomea presidente de honra a Aurelio Maceiras, denomínase Galicia, e mantén as mesmas cores có Galicia de 1934, a verde e a branca. O primeiro presidente foi José Martínez Rojo "O Cheo" e inscríbese no Goberno Civil o 30 de maio de 1953. O primeiro partido oficial disputouno o 13 de decembro de 1953 contra o Espartero ferrolán.
Na actualidade ten ao redor de 500 socios.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.