From Wikipedia, the free encyclopedia
Social Distortion é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1978 en Fullerton (California).[1] A día de hoxe o grupo está composto por Mike Ness (voces e guitarra), Jonny Wickersham (guitarra e coros), Brent Harding (baixo e coros), David Hidalgo, Jr. (batería) e David Kalish (teclados).
Social Distortion | |
---|---|
Orixe | Fullerton (California), |
Período | 1978 - presente |
Xénero(s) | punk rock, country rock, hardcore punk, rock alternativo, cowpunk, punk blues, rockabilly |
Selo(s) discográfico(s) | 13th Floor, Posh Boy, Restless, Epic, Time Bomb, Epitaph |
Membros | Mike Ness Jonny "2 Bags" Wickersham Brent Harding David Hidalgo, Jr. David Kalish |
Na rede | |
http://socialdistortion.com/ | |
Social Distortion estivo en hiato a mediados da década dos 80 debido á adición ás drogas de Ness, o líder da banda, e a problemas coa lei que deron lugar a períodos prolongados en varios centros de rehabilitación durante dous anos. Dende o seu nacemento, a formación do grupo pasou por cambios, con varios membros entrando e saíndo da banda e sendo Ness o seu único membro constante. Despois de catro décadas de actuacións Social Distortion continua xirando e gravando música.
Ata a data Social Distortion leva publicados sete álbums de estudio, dous recompilatorios, un álbum ao vivo e dous DVDs. O grupo editou dous álbums, Mommy's Little Monster (1983) e Prison Bound (1988), antes de asinar un contrato por tres discos con Epic Records en 1989. Social Distortion chegou á fama co seu terceiro traballo, Social Distortion (1990), no cal estaban os seus exitosos sinxelos "Ball and Chain", "Story of My Life", e a versión de Johnny Cash "Ring of Fire", e que foi certificado ouro pola RIAA.[2] Moitos dos seus álbums posteriores, como o seu segundo disco de ouro, Somewhere Between Heaven and Hell (1992),[3] tamén foron ben recibidos. Social Distortion é unha das bandas de punk rock con máis vendas de discos de todos os tempos con máis de tres millóns de unidades vendidas en todo o mundo.[4]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Mommy's Little Monster | 1983 | 13th Floor Records, Triple X Records |
Prison Bound | 1988 | Restless Records |
Social Distortion | 1990 | Epic Records |
Somewhere Between Heaven and Hell | 1992 | Epic Records |
White Light, White Heat, White Trash | 1996 | Epic Records |
Sex, Love and Rock 'n' Roll | 2004 | Time Bomb Recordings |
Hard Times and Nursery Rhymes | 2011 | Epitaph Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.