From Wikipedia, the free encyclopedia
Soño de Polífilo, ou Hypnerotomachia Poliliphili é unha obra de Francesco Colonna publicada en 1499 que presenta unha misteriosa alegoría arcana na que Poliphilo persegue unha fantasía erótica nunha paisaxe irreal e remata reconciliado co seu amor na Fonte de Venus.
Hypnerotomachia Poliphili | |
---|---|
Título orixinal | Hypnerotomachia Poliphili, ubi humana omnia non nisi somnium esse docet. Atque obiter plurima scitu sane quam digna commemorat. |
Autor/a | Francesco Colonna |
Orixe | Italia |
Lingua | Medieval Italian e renaissance Latin |
Tema(s) | Alegoría |
Editorial | Aldo Manuzio e Aldine Press |
Data de pub. | 1499 e 1999 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A edición orixinal apareceu en Venecia na imprenta de Aldo Manuzio con importantes xilografías, obra do Mestre do Soño de Polífilo. Constitúe unha verdadeira obra mestra da arte do libro, e obtivo un grande éxito no século XVI e no século XVII, sendo traducido rapidamente a diversas linguas.
O libro conta a historia do mozo Poliphilo que, dentro dun soño, procura a súa amada, a ninfa Polia. Para alcanzar o seu destino, precisa pasar por misteriosos bosques, cidades e labirintos, presenciando todo tipo de escenas bizarras e encontrándose con deuses, ninfas e outros seres mitolóxicos.
Alén da calidade gráfica do libro, é tan célebre polo feito de ser unha das obras máis incomprensíbeis de todos os tempos. Escrito en varias linguas ademais do italiano (latín, grego, hebreo, árabe e xeróglifos exipcios) ao mesmo tempo, a narrativa mestura pesadelos, aventuras, pasaxes eróticas, todo aderezado con comentarios sobre literatura, arquitectura, música etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.