From Wikipedia, the free encyclopedia
Saul Hudson, coñecido como Slash, nado o 23 de xullo de 1965 en Londres, (Inglaterra), foi un dos guitarristas máis importantes das décadas dos 80 e 90, destacando sobre todo a súa achega musical na banda rockeira Guns N' Roses ata mediados dos 90, cando debido a diferenzas co líder, Axl Rose, decidiu marchar da banda, da que estivo ausente por case vinte anos, volvendo retomar a actividade xunto co cantante no ano 2016.
(2022) | |
Nome orixinal | (en) Saul Hudson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1965 (59 anos) Hampstead, Reino Unido (pt) |
Outros nomes | Slash |
Residencia | Encino |
Grupo étnico | Afroamericano, Afro-britânicos (pt) , British Jews (en) e African-American Jews (en) |
Educación | High School de Beverly Hills (pt) Fairfax High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | guitarrista, produtor musical |
Período de actividade | 1981 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock, heavy metal tradicional (pt) , Blues rock e Glam metal |
Influencias | |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Eagle Rock Entertainment (pt) Roadrunner Records RCA Records Geffen Records EMI |
Familia | |
Cónxuxe | Perla Ferrar (2001–2018), divorcio |
Fillos | London Hudson |
Pais | Anthony Hudson e Ola Hudson |
Parentes | Lucy-Bleu Knight, fillastra |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | slashonline.com |
|
Durante a súa etapa fóra da lendaria banda, o guitarrista fundou o grupo Velvet Revolver, xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses, Duff McKagan e Matt Sorum, o guitarrista Dave Kushner (exmembro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves) e o cantante Scott Weiland, coñecido polo seu labor dentro da formación Stone Temple Pilots. Xuntos sacarían dous discos e contemplarían un éxito notable entre crítica e público, rematando o seu traballo conxunto no ano 2008, pouco despois de despedir a Weiland, acusado dun comportamento errático.
Co cambio de década, Slash decidiu usar o seu nome artístico como bandeira para a súa carreira, xa en solitario, e lanzou un disco novo disco homnónimo con colaboracións diversas e eclécticas, con nomes como Fergie, Ozzy Osbourne, Myles Kennedy, Chris Cornell, Izzy Stradlin, Duff McKagan, Steven Adler, Andrew Stockdale, Dave Grohl, Kid Rock, M. Shadows, Iggy Pop, Alice Cooper ou Lemmy Kilmister.
Considerado unha lenda do instrumento de seis cordas, Slash logrou acadar unha fama mundial con dous piares como base: o seu recoñecible aspecto e as súas altas capacidades como guitarrista eléctrico.[1] O seu sombreiro de copa, na cima dunha rizada e densa melena negra, é unha icona máis que recoñecible dentro da escena rock internacional.
Doutra banda, entra na historia da música contemporánea como un dos últimos mitos da guitarra, que viviría un paulatino abandono nas décadas seguintes como instrumento principal, dando paso a outras tendencias. Así, os seus solos son unha mostra perfecta da explosión do Hard rock a principios dos noventa, de longas pasaxes instrumentais e cun son saturado pero claro.
Tamén formou parte do grupo Slash's Snakepit, co que gravou dous discos, e do grupo de versións de blues Slash's Blues Ball. Actualmente milita na banda de Hard rock "Velvet Revolver" xunto cos seus compañeiros de Guns N' Roses: Duff McKagan e Matt Sorum, e o guitarrista Dave Kushner (exmembro de Suicidal Tendencies e Infectious Grooves).
Slash é coñecido pola súa longa e desordenada cabeleira, o seu chapeu de copa, a súa Gibson Les Paul, o seu amor polo Jack Daniels, o seu piercing nasal de aro e polo cigarro na súa boca.
Título | Data de lanzamento | Compañía |
---|---|---|
Live ?!*@ Like a Suicide | 1986 | UZI Suicide |
Appetite for Destruction | 1987 | Geffen |
EP (Live from the Jungle) | 1987 | Geffen |
G N' R Lies | 1988 | Geffen |
Use Your Illusion I | 1991 | Geffen |
Use Your Illusion II | 1991 | Geffen |
The Spaghetti Incident? | 1993 | Geffen |
Live Era: '87-'93 | 1999 | Geffen |
Greatest Hits | 2004 | Geffen |
Título | Data de lanzamento | Compañía |
---|---|---|
Contraband | 2004 | RCA Records |
Libertad | 2007 | RCA Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.