Alfred Sisley

pintor inglés From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfred Sisley

Alfred Sisley (30 de outubro, 1839 29 de xaneiro, 1899) foi un pintor paisaxista impresionista de orixe inglesa que viviu e traballou en Francia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Alfred Sisley
Thumb
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1839
former 4th arrondissement of Paris, Francia (en)
Morte29 de xaneiro de 1899 (59 anos)
Moret-sur-Loing, Francia
Causa da mortecancro de larinxe
Lugar de sepulturaMoret-sur-Loing
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes
Cor dos ollosAzul
Actividade
Campo de traballoArtes visuais e Impresionismo
Lugar de traballo Francia
París
Ocupaciónpintor, litógrafo, augafortista, artista visual
Xénero artísticoArte de paisaxes e Natureza morta
MovementoImpresionismo
Catálogo críticoAlfred Sisley: catalogue raisonné de l'œuvre peint (1st edition) (en) (1959)
ProfesoresCharles Gleyre
AlumnosPaul Vogler (pt) , Camille Varlet e Rudolf Quittner (pt)
Influencias
MecenasJean-Baptiste Faure
François Depeaux (pt)
Gustave Caillebotte
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie-Louise Adélaïde-Eugénie Lescouezec (1897–)
ParellaMarie-Louise Adélaïde-Eugénie Lescouezec (1866–)
FillosPierre Sisley
 () Marie-Louise Adélaïde-Eugénie Lescouezec
Jeanne Sisley
 () Marie-Louise Adélaïde-Eugénie Lescouezec
PaisWilliam Sisley   e Felicia (Félicité) Sell
IrmánsAline-Frances Sisley
Emilie Sisley
ParentesJean Sisley, sobriño
Jean Sisley, curmán
Cronoloxía
claim for restitution of an artwork (en)
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сислей Альфред)
Salmonsens Konversationsleksikon
Den Store Danske Encyklopædi (pt)
WikiTree: Sisley-68
Pechar

Biografía

Thumb
Ponte de Villeneuve-la-Garenne.,1872, Alfred SisleyMetropolitan Museum of Art Nova York

Sisley naceu en París no seo dunha familia acomodada de orixe inglesa, os seus pais eran William Sisley e Felicia Sell. O seu pai, William, exportaba flores artificiais. A nai, Felicia Sell, proviña dunha familia inglesa culta. A comezos de 1860 Alfred estudou no atelier de Marc-Charles-Gabriel Gleyre, onde coñeceu a Frédéric Bazille, Claude Monet e Pierre-Auguste Renoir. Xuntos pintaron paisaxes "en plein air" (ao aire libre), coa fin de capturar os efectos transitorios da luz solar. Este enfoque, innovador na época, deu lugar a cadros máis coloridos e máis amplos que os cadros aos que o público estaba acostumado a ver. En consecuencia, Sisley e os seus amigos tiveron inicialmente poucas oportunidades para exhibir ou vender os seus traballos, aínda que a diferenza dalgúns dos seus compañeiros de estudos que sufriran as dificultades financeiras, Sisley recibiu asignación do seu pai.

Na actualiade non se conserva ningún dos seus traballos de estudante. O seu traballo coñecido máis vello é, Camiño preto dunha pequena vila pintado arredor de 1864.

En 1866, casou con Eugénie Lesouezec, de orixe bretoa, coa quen tivo dous fillos.[1] A súa seguridade financeira viuse afectada en 1870 cando o negocio do seu pai fracasou, véndose obrigado a vivir coas vendas dos seus cadros. O resto da súa vida viviría na pobreza; Os seus traballos só medraron de prezo trala súa morte.[2].

En 1880 Sisley e a súa familia mudáronse a unha vila de Moret-sur-Loing, preto do bosque de Fontainebleau onde os pintores da Escola de Barbizon traballaran a comezos de século. Nese mesmo lugar, tal e como dixera a historiadora de arte Anne Poulet, "As suaves paisaxes cos seus constantes cambios atmosféricos están perfectamente a ton co seu talento.

Sen contar o período comprendido entre 1857 e 1861 (no que Sisley vive en Inglaterra) e as viaxes que fai en 1874, 1881, e 1897, Sisley viviu a maior parte da súa vida en Francia.

Coñécese pouco sobre a influencia que tiveron sobre o pintor os traballos de J. M. W. Turner e John Constable, cadros que Sisley tería visto en Londres e que son suxeridos como influencia en Sisley como impresionista.[3].

Entre os pintores impresionistas, o que máis se asemella a Sisley é Monet, quen o chegou a eclipsar debido á semellanza dos seus traballos, malia ser Sisley menos experimental e traballar nunha escala menor. Sisley foi descrito polo historiador Robert Rosenblum como un pintor cun "carácter case xenérico, cunha idea hiperteórica e impersoal dunha perfecta pintura impresionista",[4] o seu traballo evoca fortemente a atmosfera e os seus ceos son sempre moi impoñentes. O pintor foi un dos impresionistas que se centrou mais na temática paisaxista.

Sisley morreu en Moret-sur-Loing á idade de 59 anos, uns meses máis tarde cá súa dona.

Obra

Thumb
Flood at Port-Marly, 1876

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.