Sincelejo é un municipio de Colombia, a capital e a maior cidade do departamento de Sucre.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Sucre | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 286.716 (2018) (1.042,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 275 km² | ||||
Altitude | 218 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 4 de outubro de 1535 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 700001 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | alcaldiadesincelejo.gov.co |
Sincelejo está situada ao noroeste do país, na Rexión Caribe colombiana, concretamente na subrrexión das Sabanas, no departamento de Sucre. Coñécese tamén polos nomes de San Francisco de Asís de Sincelejo, La Capital de la Sabana, La Ciudad del Dulce Nombre, La Flor de las Sabanas e La Reina y señora de la Sabana.[1]
A cidade está localizada a 30 km do mar Caribe, e dista 987 km de Bogotá, 459 km de Medellín, 110 km de Montería, 220 km de Barranquilla e 180 km de Cartaxena de Indias. O municipio abarca unha superficie de 278,4 km².[1]
A cidade, situada a unha altitude de 213 msnm, ten unha poboación estimada (2018) de 234 886 habitantes,[2][3] o que dá unha densidade de 1 042,6 hab/km².
A cidade de Sincelejo foi fundada, substituíndo un casarío indíxena, o 4 de outubro de 1535, co nome de San Francisco de Asís de Sincelejo. Foi unha encomenda de Alonso Padilla desde 1610 a 1640. En 1776 foi erixida en correxemento polo capitán e enxeñeiro español Antonio de la Torre y Miranda.
En 1812, durante a loita pola independencia, rexistrouse na cidade a chamada "Revolución dos curas" en contra da dominación dos libertadores da nación. En 1897 Sincelejo foi elevada á condición de capital de provincia, e máis tarde do departamento creado e extinguido anos despois. Ao constituírse en 1966 o departamento de Sucre, Sincelejo foi erixida como capital desta nova entidade administrativa.[1]
O seu alcalde é Jacobo Quessep Espinosa (2016-2019).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.