Silver Apples
From Wikipedia, the free encyclopedia
Silver Apples foi un dúo musical neoiorquino pioneiro da música electrónica e de psicodelia composto polo cantante Simeon Oliver Coxe III e o batería Danny Taylor. O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas. Fundouse en 1967 no East Village e disolveuse en 1969, para regresar entre 1996 e 1999. Taylor faleceu en 2005 tras o cal Simeon continuou actuando en solitario ata o seu pasamento en 2020. A banda foi citada como referencia para artistas como Portishead, Suicide ou The Horrors.[1] [2][3]
Silver Apples | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | dúo musical | ||
Data | |||
Fundación | 1967 | ||
Localización | |||
Lugar de formación | Nova York | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | silverapples.com | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Traxectoria
Con 21 anos, Simeon Coxe III mudouse de Nova Orleáns ata Nova York para traballar como artista plástico. Tras contactos co mundo da arte, como o pintor Franz Kline ou Willem De Kooning tamén comezou a facer música, e pasou a formar parte do grupo de rock The Overland Stage Electric Band, como vocalista, do que xa era integrante Danny Taylor. Cando propuxo engadir un audio-oscilador de 1940 como instrumento musical, os membros restantes da banda negáronse a continuar co proxecto, e só el e o batería Danny Taylor quedaron da formación orixinal. Este foi o dúo que se rebautizou como Silver Apples.
O equipo instrumental base do grupo aumentou a nove osciladores e un kit de batería con trece tambores e cinco pratos. Apilados uns encima dos outros, Simeon tocounos simultaneamente cun sistema de teclas e pedais de deseño propio. En 1968 gravan o seu primeiro disco, homónimo. Comezaron a organizar concertos ao vivo con cancións construídas sobre discordancias inesperadas, os sons obsesivos dos osciladores sobre melodías usadas no rock psicodélico e unha percusión vigorosa. En 1969 publicaron o seu segundo disco, Contact, a portada mostrábaos na cabina dun avión Pan Am; a contraportada, sentados entre o que parecían os restos dun desastre aéreo. A compañía aérea demandou o grupo e cando o seu selo discográfico foi absorbido por MCA dixéronlles que xa non se contaba con eles, e o seu terceiro disco quedou sen publicar.
En 1998 a discográfica alemá Enraptured Records publicou un disco con temas do dúo, Beacon. Tras a boa recepción polo público europeo seguiron con outro álbum Decatur, e o álbum que quedou inconcluso no sesenta, The Garden, o cal Danny Taylor mantivo en caixas no seu ático ata o seu lanzamento en 1998.
Discografía

- Silver Apples (1968). Cualificado pola prensa especializada como retro-futurista con polirritmos "motorik", mesturaban electrónica que se popularizaría anos máis tarde en bandas como Kraftwerk con melodías propias do rock psicodélico.
- Contact (1969). Asociado ao pre-kraut e ao proto-punk, con innovacións inusuais naquel entón como o uso do sampler por medio de gravacións de radio.
- Beacon (1998)
- Beacon - Remixed (1998)
- The Garden (1998)
- Decatur (1998)
- Clinging To a Dream(2016)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.