From Wikipedia, the free encyclopedia
Shiver é o noveno single da cantante australiana Natalie Imbruglia, lanzado o mercado o 25 de marzo do ano 2005 baixo o selo BMG e producido por Stephen Lipson. Tanto a canción como o vídeo musical da mesma foron amplamente emitidos tanto en emisoras de radio como na televisión. Considerado como un éxito a nivel mundial, entrou nas listas dalgúns países e obtivo a oitava posición na lista oficial do Reino Unido, aínda así non conseguiu unhas vendas significativas. Foi a canción máis emitida no Reino Unido en cinco semanas non consecutivas, e se mantivo no Top 10 catorce semanas. "Shiver" é considerado o segundo grande éxito de Imbruglia tras "Torn".
«Shiver» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Natalie Imbruglia | |||||
do álbum 'Counting Down the Days' | |||||
Lanzamento | 25 de marzo do 2005 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2005 | ||||
Xénero musical | folk-pop, pop-rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3 min 42 s | ||||
Discográfica | BMG | ||||
Produtor(es) | Stephen Lipson | ||||
Escritor(es) | Natalie Imbruglia Eg White Sheppard Solomon | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
O vídeo musical da canción, inspirado no filme The Bourne Supremacy, comezou a emitirse en febreiro de 2005. Foi dirixido por Jake Nava que tamén dirixiu o vídeo musical de "My Prerogative" de Britney Spears, e o vídeo de "State of Mind" de Holly Valance. Foi gravado en Kíiv, Ucraína, durante o inverno.
# | Título |
---|---|
1. | "Shiver" |
2. | "My Own Movie" |
# | Título |
---|---|
1. | "Shiver" |
2. | "When You're Sleeping" |
3. | "Pineapple Head" |
4. | "Shiver" (CD-ROM Vídeo) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.