Shetland (serie de televisión)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Shetland é unha serie policial da BBC de Escocia protagonizada por Douglas Henshall que representa o papel do detective Jimmy Perez. A historia desenvólvese no arquipélago escocés das Shetland, aínda que bastante da filmación se efectuou na parte escocesa de Gran Bretaña,[1] con algunhas localizacións nas Shetland.[2]

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...
Remove ads

A primeira temporada da serie, piloto, foi de dous episodios baseados na novela da escritora británica Ann Cleeves Red Bones,[3][4] foi emitida na BBC no 2013.

A segunda temporada, emitida en 2014, ten 6 episodios e consta de tres historias de dúas partes cada unha baseadas nas novelas de Ann Cleeves Raven Black, Dead Water e Blue Lightning.[5]

En abril de 2015 comezou a gravación da terceira temporada da serie.[6]

Remove ads

Emisión en Galicia

A TVG comezou a emisión da serie o 11 de outubro de 2015.[7]

Os dous primeiros episodios da primeira temporada tituláronse Ósos vermellos (1ª e 2ª parte).

Os episodios da segunda temporada en Galicia tituláronse Negro coma un corvo (1ª e 2ª parte), Auga morta (1ª e 2ª parte) e Lóstrego azul (1ª e 2ª parte).

Posteriormente a serie foi reemitida pola tvG2

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads