From Wikipedia, the free encyclopedia
O Shenyang J-16 (chinés: 歼-16) é un caza multirrol de ataque chinés bimotor[1][2] desenvolvido a partir do Shenyang J-11 (que á súa vez derivaba do Sukhoi Su-27) e fabricado por Shenyang Aircraft Corporation. Está operado pola Forza Aérea do Exército Popular de Liberación.[1]
Shenyang J-16 | |
---|---|
Tipo | caza de ataque multirrol |
Fabricante | Shenyang Aircraft Corporation |
Introducido | 2015 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forza Aérea do Exército Popular de Liberación |
Produción | 2012 - presente |
Unidades construídas | 150 (en 2020) |
Nos anos 90 China mercou cazas de superioridade aérea Sukhoi Su-27 a Rusia, incluídos os producidos baixo licenza como Shenyang J-11A.[3] O J-11A foi desenvolvido posteriormente nas variantes monopraza J-11B e bipraza BS con tecnoloxía indíxena. O J-16 é un avión de ataque derivado do modelo J-11BS.[4]
O J-16 está equipado cun radar AESA[2] e está impulsado por dous motores turboventilador chineses Shenyang WS-10A.[5] O seu peso reducíuse grazas ao uso de materiais compostos. Os J-16 recibiron pintura absorbente de radar para reducir a súa sinatura radar, e mellorar a súa capacidade de Supresión de Defensas Aéreas Inimigas (SEAD) xunto con cápsulas con medidas de soporte electrónico.[6]
A versión de guerra electrónica do caza, chamada J-16D, desenvolveuse nos anos 2010. O avión supostamente realizou o seu primeiro voo en 2015.[7] O J-16D está deseñado para suprimir as defensas aéreas inimigas (SEAD), é capaz de albergar equipo interno de interferencias e transportar varias cápsulas externas de guerra electrónica.[8]
Segundo o investigador Justin Bronk do Royal United Services Institute, o J-16 ten vantaxes sobre as variantes rusas do Flanker pola súa ampla aplicación de materiais compostos, os seus mísiles de maior alcance, sensores avanzados e aviónica. O J-16 representa o paso da industria aeronáutica chinesa de depender de tenoloxía soviética a desenvolver derivados modernos que son superiores aos rusos en moitos aspectos.[9][10]
Os militares chineses están desenvolvendo capacidades autónomas avanzadas para os seus avións de combate. En marzo de 2021 informouse que unha variante do J-16 co asento traseiro substituído por un algoritmo de intelixencia artificial chamado "vitoria de inteixencia" (chinés: 智胜; pinyin: Zhì shèng) estaba sendo probado por Shenyang Aircraft Corporation. Un avión semellante foi visto nunha imaxe de satélite na base experimental preto de Malan, Xinjiang, en xuño de 2021.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.