Remove ads
grupo de eruditos e escritores chineses From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Sete Sabios da Fraga de Bambú (chinés tradicional: 竹林七賢; chinés simplificado: 竹林七贤; pinyin: Zhúlín Qī Xián; Wade-Giles: Chu2-lin2 Ch'i1 Hsien2) foron un conxunto de eruditos, escritores e músicos do século III. Malia que a súa existencia é certa, non se sabe con seguridade se realmente formaron un grupo unificado. Varios deles estaban vinculados coa escola daoísta Qintan, do reino de Cao Wei.[1] Apareceron no Shishuo xinyu 世說新語 ("Unha nova versión dos contos do mundo").
Os Sete Sabios foron Ji Kang, Liu Ling, Ruan Ji 阮籍, Ruan Xian 阮咸, Xiang Xiu, Wang Rong 王戎 e Shan Tao. Outra persoa asociada aos Sete Sabios foi Rong Qiqi 榮啟期, pero este autor viviu con anterioridade ao resto. A asociación con eles fundamentábase en varias obras apócrifas do século IV, atopadas nunha tumba próxima a Nanjing. Ji Kang e Ruan Ji mantiveron unha relación amorosa, considerada polas fontes clásicas "máis forte que o metal e máis fragrante que as orquídeas".[2]
Segundo a tradición, os membros do grupo intentaron fuxir das intrigas políticas, da corrupción e da abafante atmosfera da corte durante o tenso período dos Tres Reinos. Reuníanse nunha fraga de bambú preto da casa de Ji Kang, en Shanyang (provincia de Henan), onde desfrutaban da bebida e das súas obras poéticas, vivindo unha existencia simple e relaxada. De acordo cos principios daoístas, celebraban a liberdade persoal, a espontaneidade e a natureza. Este modo de vida chegou a ser un tema común da arte chinesa, inspirando tamén aos artistas que desexaban retirarse da sociedade en épocas de turbulencia política. En xeral, os Sete Sabios foron un símbolo influente na poesía, na música, na arte, e na cultura chinesa.
Na realidade, a vida de varios dos Sete Sabios peligrou coa chegada ao poder do clan Sima, da dinastía confuciana dos Jin, xa que escribiron poemas criticando a corte e a administración, e literatura influenciada polo daoísmo. Ji Kang chegou a ser executado por negarse a traballar co novo réxime. Outros decidiron abandonar o control do goberno converténdose en borrachos excéntricos e bromistas (como, por exemplo, Liu Ling). Pola contra, Wang Rong uniuse á propia corte dos Jin.
Os Sete Sabios da Fraga de Bambú inspiraron multitude de cadros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.