Sertab Erener

cantante turca From Wikipedia, the free encyclopedia

Sertab Erener

Sertab Erener nada en Istambul o 4 de decembro de 1964, é unha cantante de música pop turca. Foi gañadora do Festival de Eurovisión de 2003, en Riga, Letonia, coa canción "Everyway That I Can".

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Sertab Erener
Thumb
(2019)
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1964 (60 anos)
Istambul, Turquía
ResidenciaIstambul
EducaciónIşık Lisesi (en)
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, compositora de cancións
Período de actividade1992 -
Xénero artísticoMúsica pop e pop dance
TesituraSoprano

InstrumentoVoz
Selo discográficoMotéma Music (pt)
Participou en
2003Festival de Eurovisión 2003
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih,
Sitio websertab.com
MySpace: sertaberenerofficial iTunes: 147491166 Last fm: Sertab+Erener Genius: Sertab-erener
Pechar
Thumb
Sertab Erener

Traxectoria

Thumb
Actuación de Sertab Erener no Festival de Eurovisión do 2004.

Sertab estudou música na universidade da cidade antes de comezar a súa carreira musical a carón da estrela turca Sezen Aksu. Lanzou o seu primeiro álbum, Sakin Ol, no ano 1992 e a este seguírono outros catro en turco ó longo da década. O seu álbum Lâ'I foi incluído por Sony Music na súa colección Soundtrack For A Century (Banda Sonora para un Século).

Logo de competir sen éxito en dúas finais nacionais para participar no Festival de Eurovisión en 1989 e 1990, foi elixida de xeito interno no ano 2003 e gañou o certame dese ano coa canción "Everyway That I Can", co-escrita por Demir Demirkan. A canción acadou os número un da música arredor de toda Europa.

Tras o seu éxito de Eurovisión, Sertab lanzou en 2004 o seu primeiro disco en inglés chamado No Boundaries.

No ano 2005, participou no Congratulations: 50 Years of the Eurovision Song Contest, unha competición para elixir a mellor canción de Eurovisión de todos os tempos. A canción súa canción "'Every Way That I Can" rematou novena entre as quince participantes.

No ano 2009, Sertab Erener e Demir Demirkan crearon a banda Painted on Water[1], e lanzaron un álbum do mesmo nome nos EUA.

Discografía

Álbums

  • Sakin Ol! (1992).
  • La'l (1994).
  • Sertab Gibi (1996).
  • Sertab Erener (1999).
  • Sertab (Internacional - 2000).
  • Turuncu (2001).
  • Sertab (Internacional con pistas extra - 2003).
  • No Boundaries (2004).
  • Aşk Ölmez (2005).
  • Sertab Goes To The Club (2007).
  • Paint on Water(2007).

Sinxelos

  • Zor Kadin (1999).
  • Utanma (2000).
  • Bu Yaz (2000).
  • Yeni (2001).
  • Every Way That I Can (2003 - Gañadora do Festival de Eurovisión).
  • Here I Am (2003).
  • I Believe (that I See Love in You) - (2004).
  • Leave (2004)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.