From Wikipedia, the free encyclopedia
En trigonometría o seno dun ángulo (abreviado sen[1] ou sin do latín sĭnus) é a función dun ángulo que relaciona o valor do cateto oposto ó ángulo co da hipotenusa. Expresado a través dun triángulo rectángulo, o seno é a razón entre o cateto oposto e a hipotenusa dese triángulo:
Ou tamén como a ordenada correspondente a un punto que pertence a unha circunferencia unitaria centrada na orixe (c = 1):
En matemáticas o seno é a función obtida ó facer variar a razón mencionada, sendo unha das funcións transcendentes.
Para entender o concepto visualmente: O seno é a proxección do cateto oposto sobre a hipotenusa. O número de catetos opostos que caben na hipotenusa do triángulo. Por iso, o seno do ángulo de 0 grados é 0: Hai 0 catetos opostos sobre a hipotenusa. O seno de 30 é 0.5: Na hipotenusa caben 2 catetos opostos. O seno de 90 é 1: A hipotenusa e o cateto oposto ó ángulo son iguais. Comprobándoo con lapis e papel, ou con algún programa de deseño asistido por computadora, é fácil de ver e de comprender.
Así, cando se representan os valores do seno nunha gráfica, hai unha función en forma de onda, que pasa de 0 a 1 e de 1 a 0 e de 0 a -1 e de -1 a 0 outra vez, segundo os valores que toma neses catro ángulos rectángulos, de vértice común, que forman a circunferencia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.