arquiveiro español From Wikipedia, the free encyclopedia
Segundo Leonardo Pérez López, nado no Buriz, Guitiriz o 8 de decembro de 1948, é un historiador e teólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1948 (75 anos) Guitiriz, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | arquiveiro |
Estudou filosofía no Seminario Diocesano de Mondoñedo e na Universidade Pontificia de Salamanca onde se doutorou en 1983. Ampliou estudos en Roma e foi investigador do Arquivo Secreto do Vaticano. Foi tamén investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid. Foi profesor da Universidade Pontificia de Salamanca e do Instituto Teolóxico Compostelán e do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas dos que foi director. É catedrático de antropoloxía teolóxica, cóengo da catedral de Mondoñedo[1] e desde 2009 capelán da Orde de Malta para Galicia e Asturias.[2]
Foi membro do consello redactor das revistas Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boa Nova e fundador e director da revista Estudios Mindonienses e director da revista Rudesindus. Miscelánea de Arte e Cultura. Membro da Academia Galega de Historiadores e do Instituto de Estudios Viveirenses e presidente da Academia de San Rosendo.[3]
Publicou estudos sobre a Historia da Igrexa galega, a relixiosidade tradicional galega, as peregrinacións xacobeas, o labor social da emigración, o monacato galego e o desenvolvemento cultural galego. Reivindicou a San Rosendo de Celanova e a Aldara de Celanova como figuras claves na configuración histórica do país galego. O seu pensamento teolóxico é próximo a Joseph Ratzinger.[4]
En novembro de 2011 foi nomeado arquiveiro da Catedral de Santiago de Compostela. Máis tarde, foi designado deán desa mesma catedral e tomou posesión do seu cargo en xaneiro de 2013.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.