From Wikipedia, the free encyclopedia
A segunda onda do feminismo é un período de actividade feminista que comezou na década de 1960 nos Estados Unidos e que se espallou por todo o mundo occidental. Nos Estados Unidos, o movemento durou até comezos da década de 1980.[1] Máis tarde, tornouse nun movemento mundial moi forte na Europa e en partes da Asia, como Turquía[2] e Israel, onde comezou na década de 1980. O movemento comezou outras veces noutros países.[3]
Mentres a primeira onda do feminismo estaba enfocada principalmente no sufraxio e na derruba de obstáculos legais á igualdade de xénero (ou sexa, dereito ó voto, dereitos de propiedade, etc), a segunda onda do feminismo ampliou o debate para unha ampla gama de cuestións: sexualidade, familia, mercado de traballo, dereitos reprodutivos, desigualdades de facto e desigualdades de iure.[4] Nunha época na que as mulleres alcanzaron grandes adiantos nas profesións, nos estamentos militares, nos medios de comunicación e nos deportes, en gran parte por conta do activismo da segunda onda feminista, este movemento tamén chamaba a atención para a violencia doméstica e problemas de violación conxugal, alén de loitar pola creación de proteccións para mulleres maltratadas e por mudanzas nas leis de custodia e divorcio.
A denominación foi cuñada en marzo de 1968 por Marsha Lear ó escribir en The New York Times Magazine, que ó mesmo tempo tamén usou "primeira onda do feminismo".[5][6] Moitas historiadoras ven o fin da segunda onda feminista nos Estados Unidos no inicio dos anos 1980, coas disputas no seo do feminismo sobre temas como sexualidade e pornografía, que inaugurou a era da terceira onda do feminismo, no inicio da década de 1990.[7][8][9][10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.