From Wikipedia, the free encyclopedia
Scarab foi unha escudaría e fabricante de automóbiles deportivos estadounidense, os coches foron deseñados e construídos por Tom Barnes e Dick Troutman para Reventlow Automobiles Inc, propiedade de Lance Reventlow. Con motores Chevrolet 283 CI V-8 que foron construídos por Traco Engineering (Jim Travers e Frank Coons, alcumados "The Whiz Kids").[1]
Nome completo | Scarab-Reventlow Automobiles |
---|---|
Bandeira | Estados Unidos |
Baseada en | Os Ánxeles (California) |
Tempadas en activo | 1 (1960) |
Número de pilotos | Lance Reventlow Chuck Daigh Richie Ginther |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 1960 |
Carreiras | 5 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 |
Troutman e Barnes construían coches deportivos para carreiras de estrada de afeccionados nos EUA na década de 1950. Chuck Daigh levou o Scarab á vitoria no Gran Premio de Riverside International de 1958, superando na pista a equipos de fábrica internacionais, como o famoso piloto de carreiras Phil Hill e o equipo Ferrari.[1] os Scarabs gañaron o Campionato Nacional da SCCA en 1958, dous dos coches foron vendidos en 1959, mentres que o coche de carreiras de Reventlow (o único coche con volante á esquerda) reconverteuno para o seu uso persoal na rúa. Carroll Shelby levou un dos coches Scarab deportivos á vitoria no Continental Divide Raceway en Castle Rock, Colorado, establecendo unha nova marca da pista.[1] Scarab participou na Fórmula 1 durante a tempada de 1960, con coches de motor dianteiro, que por entón estaban case obsoletos. Os motores dianteiros destes coches tiñan 4 cilindros similares en deseño á Offenhauser, pero eran na súa totalidade un deseño propio de Scarab feito por Leo Goussen. Os motores eran o talón de Aquiles do equipo con constantes fallos nas válvulas.[1] Scarab participou en cinco Grandes Premios, correndo cun total de nove coches. Reventlow e o seu xefe de mecánicos Chuck Daigh pilotaron os coches da librea azul e branca. Ambos Scarabs foron inscritos nos Grandes Premios de Mónaco (onde sufriron problemas de aireación do líquido de freos hidráulicos e non lograron clasificarse para a carreira), Holanda, Bélxica e Francia (onde tanto Daigh como Ginther experimentaron problemas de falta de aceite que provocou a queima dos rodamentos), mentres que só o coche de Daigh inscribiuse na última carreira da tempada de 1960 de F1, o Gran Premio de América en Riverside, California (o circuíto de casa dos Scarabs). Daigh rematou porque tivo que manter o réxime do motor a 6000 rpm para previr os problemas de fornecemento de combustible (bloqueo de vapor) no caloroso día no sur de California e, ao facelo, non se atopou co misterioso problema de falta de aceite que se producía preto das 7000 RPM que previamente sufriran os Scarabs.[1] Daigh, que participara no Gran Premio de Holanda, non competiu debido a problemas económicos.
Ao ano seguinte Chuck Daigh pasou a pilotar un dos Scarabs nas carreiras de Fórmula Internacional en Europa motorizado por Offenhouser, estilo Indy, onde terminou oitavo, en Goodwood competindo pola Copa Lavant e acabou sétimo no Trofeo Internacional. Este era o terceiro coche con motor frontal, construído orixinalmente para a competición de F1. Daigh estrelouse nunha carreira en Inglaterra e o coche resultou destruído e deixado en Europa.
Scarab construíu un coche de motor traseiro para a tempada de 1962, impulsado por un motor Buick de aluminio V-8 con colectores de admisión e escape fabricados por Phil Remmington. Pero, as regras finais da FIA para os motores fixeron que o motor resultara ilegal e o coche nunca correu en Europa. Daigh correu con este coche unha vez nunha carreira de Fórmula Libre en Sandown Park en Australia, terminando cuarto nunha batalla épica con Stirling Moss no que o Buick era máis rápido nas rectas e Moss o superaba nas curvas.[1] O motor Buick foi vendido polo equipo (polo director do equipo Warren Olsen) antes de regresar aos EUA.
Para rematar, foi construído un coche deportivo de dúas prazas con motor central. Neste coche puxeron outro motor Buick V8 e Reventlow quería probalo nas rúas dos Ánxeles. Así, foise ao Departamento de Vehículos Motorizados de California e (logo de instalar un silenciador) conseguiu matricular este coche de carreiras. El, persoalmente, competiu co coche (sen silenciador) tres veces e o seu mellor resultado foi segundo en Santa Bárbara.[1]
Reventlow estaba pensando en pechar Scarab así que vendeu este pequeno coche de carreiras a John Mecom Jr., de Houston Texas. Mecom instalou un motor Traco 327 Chevy e puxo AJ Foyt no coche. O mellor resultado de Foyt foi gañar un par de carreiras en Nassau, Bahamas en 1963.[1] O coche tamén montou un motor Chrysler Hemi durante un tempo e Augie Pabst conseguiu varias vitorias co coche. Pabst comprou o coche e seguía sendo o seu propietario en 2013.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | Scarab | Scarab L4 | D | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA | USA | 0 | NC | |
Chuck Daigh | NSC | NTS | 10 | |||||||||||||
Lance Reventlow | NSC | NTS | Ret | |||||||||||||
Richie Ginther | NTS |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.