Santa María de Mones, Petín
parroquia civil do concello de Petín From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Petín From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Mones é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 68 habitantes (33 homes e 36 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes.
Santa María de Mones | |
---|---|
Camiño en Santa María. | |
Concello | Petín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′42″N 7°06′32″O |
Poboación | 69 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Santa María de Mones, coñecida como "a nai de sete igrexas", é das máis importantes da comarca de Valdeorras, xa que nos seus arquivos inscribíanse nacementos e defuncións doutras parroquias, como Arnado (Vilamartín de Valdeorras).
O templo ten planta de cruz latina. O teito está cuberto cun artesoado de madeira decorado con pinturas policromadas en branco, negro e vermello. Antigamente o chan estaba empedrado con grandes lousas, pero na actualidade é de madeira. Nos grosos muros hai fiestras moi abucinadas, estreitas no exterior e anchas no interior. Na parede dereita, xunto a sancristía, había un mural pintado de negro e vermello que foi tapado ao cubrir con cemento as paredes de granito.
O campanario foi en orixe unha torre construída para vixiar, á que se accede por unha escaleira de caracol estreita e ventilada por un oco na parede de granito. As súas campás foron louvadas nun poema do petinés Rogelio Díaz.
O templo ten dous retablos do século XVIII. O retablo do Cristo está decorado con columnas salomónicas, follas e acios de uva, e o retablo de Santa Lucía con estipes.
No exterior, na parede sur, hai uns gravados do xogo do pai fillo nai. Á entrada do camposanto, contra a parede, hai unha cruz antiga.
Lugares da parroquia de Santa María de Mones no concello de Petín (Ourense) | |
---|---|
Barxela | Carballal | As Fontelas | Outeiro | O Porto | Santa María |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.