From Wikipedia, the free encyclopedia
Oncorhynchus kisutch (do ruso кижуч kizhuch), tamén coñecido como salmón prateado [1], salmón coho ou salmón do Pacífico, é unha especie de peixe osteíctio, eurihalino e anádromo, da familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos que vive no océano Pacífico norte.
Salmón prateado / Salmón coho Oncorhynchus kisutch | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Oncorhynchus kisutch Walbaum, 1792 |
Durante a súa etapa oceánica, ten os flancos prateados e o lombo azul escuro. Durante a súa etapa de reprodución, as mandíbulas e dentes cúrvanse en forma de gancho, e desenvolven cores rechamantes, nos flancos vermella brillante, na cabeza e o dorso verde azulada, con manchas escuras no dorso e o ventre escuro. Durante a maduración sexual desenvolve unha difusa mancha rosa ao longo do ventre e os machos poden amosar un lixeiro arqueamento no lombo.
Ten unha lonxitude media de 97 cm e un peso de 3 a 5 kg, aínda que se informou de casos de animais de até 16 kg.
As femias maduras poden ser máis escuras cós machos.
Encóntrase principalmente en augas costeiras, non adentrándose en mar aberto como moitas outras especies de salmóns. Tamén se encontra en auga doce durante o seu primeiro ano de vida e, máis tarde, durante a desova.
Nos ríos, prefire correntes de auga de curso relativamente lento, e con leitos de grava fina. No océano, tende a vivir máis preto das costas que en mar aberto.
Habita nas costas e ríos do Pacífico norte, desde a Baixa California até Alasca.
O cultivo en gaiolas no mar de salmón prateado vén facéndose dende fai case medio século, aínda que con escasa produción até 1980, data a partir da cal establecéronse no sur de Chile unha gran cantidade de granxas con gaiolas mariñas, país que no 2004 producía máis de 100.000 toneladas, o que representa preto do 90 % da produción mundial desta especie.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.